"Roa" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 265.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado en San Pedro de Laroá (Xinzo de Limia). Está documentado en 909 e 993, cando Vermudo II o doou aos habitantes da súa xurisdición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da química en que as determinacións analíticas son levadas a termo cunha mostra da orde do centigramo.
-
-
Relativo ou pertencente a Serbia e a Croacia.
-
-
Relativo ou pertencente ao serbocroata.
-
Lingua eslava do phylum indoeuropeo que se fala en Croacia, Bosnia-Herzagovina, Serbia e Montenegro. É a lingua nativa de catro grupos étnicos: os serbios, os croatas, os montenegrinos e os musulmáns bosnios. Ten variantes dialectais que responden a circunstancias histórico-culturais diferentes e escríbese con alfabetos diferentes: o cirílico, empregado polos serbios, e o latino, empregado polos croatas. Entre o serbio e o croata existen notables diferenzas léxicas e sintácticas, aínda que a súa fonética e morfoloxía resultan menos diferenciadas. O serbocroata presenta os trazos característicos da maioría das linguas eslavas: flexión nominal morfolóxica (declinación con sete casos: nominativo, xenitivo, dativo, acusativo, locativo, instrumental, vocativo), existencia do xénero neutro, sistema verbal cos dous aspectos básicos (imperfectivo e perfectivo) e multitude de formas persoais e temporais, léxico esencialmente eslavo (ao que se lle engadiu un certo número de préstamos do...
-
literatura serbocroata
Literatura cultivada en serbocroata. A literatura popular constitúe, en xeral, un patrimonio cultural común aos pobos serbio e croata e, á vez, unha fonte importante de inspiración para a literatura culta. Particularmente valiosa é a poesía épica. En canto á literatura culta, e coa excepción dalgunhas manifestacións esporádicas, cómpre falar dunha literatura serbia e unha literatura croata, desenvolvidas en condicións históricas distintas. Na Idade Media (e máis tarde, ata finais do s XVIII), a literatura culta serbia consistiu, esencialmente, en escritos de carácter relixioso, iniciados polos discípulos dos xermanos Cirilio e Metodio, evanxelizadores dos pobos eslavos. A lingua destes escritos é o eslavón, cunha transición gradual cara ao serbocroata, e de grafía cirílica (glagolítico). A partir do s XIV, en Croacia, rexión católica, o eslavón foi substituído polo latín. Unha evolución á parte ten a cidade croata de Ragusa (actual Dubrovnik), como tamén outras cidades de Dalmacia (posesión...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Albumina do soro sanguíneo, que constitúe a fracción máis importante do soro. É unha proteína globular que funciona como transportadora. É sintetizada pola célula hepática e serve como vehículo de numerosas substancias autóxenas, como a bilirrubina, e de substancias esóxenas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anafilaxe provocada pola inxección de soro.
-
CORDILLEIRAS
Cordilleira de América Central, que se estende desde o istmo de Tehuantepec, en México, ata a Barranca de Atrato, en Colombia. Cunha orientación NO-SL, atravesa Guatemala, El Salvador, Honduras, Nicaragua, Costa Rica e Panamá. A súa máxima altitude é o volcán de Tajumulco, en Guatemala (4.200 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e escritor. Coñecido como Xurxo Souto, foi vocalista do grupo Os diplomáticos de Monte Alto. Desde 1987 traballou en diferentes medios de comunicación, como o xornal La Opinión de A Coruña. Dirixiu o programa A tropa da tralla en Radio Coruña e publicou A tralla e a arroutada (1995), Fumareu (1997), O retorno dos homes mariños (1999) e Contos da Coruña (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está situado na parte anterior e superior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Barra de madeira ou ferro que une o dental e asegura a rella do arado ao temón.
-
PERSOEIRO
Rei de Croacia (1941-1943), duque persoal de Spoleto (1904-1948) e duque de Aosta (1942-1948). De nome Aimón de Savoia-Acosta, seguiu a carreira de mariño e loitou nas guerras de Libia e Etiopia. Nomeado rei da Croacia independente polo seu parente, o rei de Italia, non chegou a ser coroado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sólido cristalino, incoloro, soluble en auga, alcohol e éter, delicuescente e fortemente corrosivo, que se emprega como reactivo para a detección da albumina e na preparación de herbicidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido orgánico que se presenta como líquido incoloro, fumegante, moi higroscópico e fortemente corrosivo, que se emprega en síntese orgánica e como catalizador. É un dos ácidos máis fortes que se coñecen.
-
GALICIA
Poeta. Foi un dos cultivadores da poesía barroca e nalgunha das súas obras aparece a vertente erótica e satírica. Da súa produción destacan Neopolisea, Poema heroico el gran capitán (1651) e Poesías varias, heroicas, satíricas y amorosas (1652).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Doutor en Dereito, foi membro do corpo xurídico da Armada (1974-1983) e letrado do Consello de Estado desde 1979. Coordinador xeral da refundación do PP (1989-1990) e deputado desde 1989, foi vicepresidente (1989-1996) e presidente (1996-2000) do Congreso de los Diputados e ministro de Defensa (2000-2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión histórica de Asia Menor, comprendida entre Dardanelos e o golfo de Edremit, ao NO da Turquía asiática. Dominada polo monte Ida, está atravesada polo curso dos ríos Escamandro e Simois. A capital era Troia. Habitada no III e II milenio a C, como o testemuñan as escavacións de Troia-Hisarlik, foi dominio dos frixios, e na súa costa establecéronse colonias gregas. Posesión dos lidios e dos persas (546 a C), Alexandre o Grande conquistouna o 334 a C. Formou parte do Imperio Romano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘ventre’.
-
-
1 cachazo.
-
verrún.
-
-
PERSOEIRO
Psicólogo. Considerado o fundador do condutismo, segundo el a psicoloxía como ciencia da conduta prescinde da introspección e establece o principio do condicionamento como único válido. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Escribiu Psychology as the Behaviorist Sees It (1913) .
VER O DETALLE DO TERMO