Tróade
Tróade
Antiga rexión histórica de Asia Menor, comprendida entre Dardanelos e o golfo de Edremit, ao NO da Turquía asiática. Dominada polo monte Ida, está atravesada polo curso dos ríos Escamandro e Simois. A capital era Troia. Habitada no III e II milenio a C, como o testemuñan as escavacións de Troia-Hisarlik, foi dominio dos frixios, e na súa costa establecéronse colonias gregas. Posesión dos lidios e dos persas (546 a C), Alexandre o Grande conquistouna o 334 a C. Formou parte do Imperio Romano.