"Roi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 288.
-
PERSOEIRO
Novelista e crítico literario grego. Dirixiu a Biblioteca Nacional de Atenas (1880) e valorou a poesía popular e a obra dos poetas da escola xonia. Escribiu a novela histórica A papisa Xoana (1865).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Profesora da Universidade de Santiago de Compostela e colaboradora de diversas publicacións, especialmente daquelas relacionadas coa literatura, como Boletín galego de literatura e Dorna, publicou Magariños Negreira. Un home da “Época Nós” (1988), con A. Liñares Giraut. Ademais, traduciu diversos libros, como Aquela Xulia Redfern (1990), de Eleanor Cameron, e con outros autores, encargouse das edicións de A tecedeira de Bonaval (1985), de A. López Ferreiro, Follas Novas (1990), de Rosalía de Castro, e Maxina (1991), de Marcial Valladares.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Zas de Rei (Melide). Ten planta en escuadra e é de proporcións modestas. Presenta un escudo nunha das fachadas que conforman a escuadra e un pequeno balcón de pedra. Destaca a cabeza de home situada a maneira de gárgola na cheminea.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Bergondo baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Mamede que dá nome ao concello de Rois, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Sar, situado no SO da provincia da Coruña e no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N con Brión (comarca de Santiago), ao S con Dodro (comarca do Sar), ao L con Padrón (comarca do Sar) e Teo (comarca de Santiago) e ao O con Lousame (comarca de Noia) e Rianxo (comarca de Barbanza). Abrangue unha superficie de 92,8 km 2 cunha poboación de 5.034 h (2007), distribuída nas parroquias de Augasantas, Buxán, Costa, Ermedelo, Herbogo, Leroño, Oín, Ribasar, Rois, Seira, Sorribas e Urdilde. A súa capital é o lugar dos Dices, situado na parroquia de Rois, a 42° 45’ 47’’ de latitude N e 8° 41’ 25’’ de lonxitude O, distante 87 km da Coruña e 24 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago, á provincia da Coruña e ao partido xudicial de Padrón.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Rois é un concello que se sitúa entre a Depresión Meridiana e as superficies de erosión que inician os contrafortes da serra do Barbanza. A parte... -
PERSOEIRO
Teólogo e escritor. Considerado o mellor poeta valenciano da segunda metade do s XV, elaborou historias de santos, como as de santa Ana e Madalena, fábulas mitolóxicas e a súa balada da pega e a merla, unha das pezas máis destacadas da lírica catalá. Traduciu a Vita Christi de Ludolf de Saxonia e imprimiu unha versión literal dos Salmos feita sobre a Vulgata. En prosa cómpre salientar a brevísima Traxedia de Caldesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e militar. Pertenceu á Unión Liberal, foi deputado polo distrito de Pontedeume (1858-1865) e pola sección da Coruña (1865-1966), e director xeral de Obras Públicas (1864). Alcanzou o grao de coronel de infantaría e dedicouse aos estudos sobre fabricación de armas e aparatos xeodésicos. Escribiu Descripción de algunos instrumentos de Geodesia y Topografía (1853), Progresos de la Geodesia (1862) e Estudio de fortificación: atrincheramiento de campaña (1864). Foi membro da Real Academia de Ciencias (1862) e foi elixido académico da Real Academia Española (1867), aínda que non chegou a ingresar.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que é semellante ao azucre.
-
Aplícase a certas rochas e á súa estrutura en que os compoñentes cristalinos teñen aspecto de azucre.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección inflamatoria da articulación sacroilíaca, como a que se pode observar na espondilartrite anquilosante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos ósos sacro e ilíaco.
-
ILLAS
Illa máis grande do arquipélago das illas Virxes Norteamericanas, situada no Caribe (207 km2; 49.725 h [1980]). Descuberta por Colón (1493), foi ocupada polos franceses (1650), pasou a ser danesa (1733) e finalmente foi adquirida por EE UU (1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante a unha sámara.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Santiago de Compostela. Obra de Lucas Ferro Caaveiro (1754-1756), en orixe foi a capela das Angustias, erixida coas esmolas dos devotos. Ten planta central, dominada por unha cúpula de media laranxa, decorada con efectos de claroscuro. A fachada foi deseñada para ser vista desde o alto dado o desnivel que existe con respecto á praza do Obradoiro, polo que a decoración se concentra na parte superior. Sobre a porta ábrese unha fornela coa figura da Piedade e na parte superior o escudo de España. O campanario central atópase encadrado por catro esculturas que aluden ás virtudes: a prudencia, a xustiza, a fortaleza e a temperanza.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Sadurniño.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dermatose caracterizada por elementos pitiriásicos escamentos ou escamo-granulosos, que aparece principalmente nas peles seborreicas.