San Froitoso, igrexa de
San Froitoso, igrexa de
Igrexa parroquial situada en Santiago de Compostela. Obra de Lucas Ferro Caaveiro (1754-1756), en orixe foi a capela das Angustias, erixida coas esmolas dos devotos. Ten planta central, dominada por unha cúpula de media laranxa, decorada con efectos de claroscuro. A fachada foi deseñada para ser vista desde o alto dado o desnivel que existe con respecto á praza do Obradoiro, polo que a decoración se concentra na parte superior. Sobre a porta ábrese unha fornela coa figura da Piedade e na parte superior o escudo de España. O campanario central atópase encadrado por catro esculturas que aluden ás virtudes: a prudencia, a xustiza, a fortaleza e a temperanza.