"Rus" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 386.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos, da familia dos félidos, que presentan un pelame de cor grisáceo con liñas pardas e manchas negras de pequeno tamaño. A única especie coñecida deste xénero é O. jacobitus, que ten unha cola longa e peluda con 6-9 aneis anchos e de cor escura. Habita no altiplano andino, no S de Perú e Bolivia e no N de Arxentina e Chile.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de cans fósiles, da familia dos cánidos, que presentaban dentes cónicos e robustos. Eran escavadores e alimentábanse de prea. Viviron durante o Mioceno tardío e extinguíronse durante o Plistoceno.
-
GALICIA
Economista. Catedrático de Fundamentos da Análise Económica na Universidade de Vigo. Escribiu Desarrollo económico en la India y la República Popular China, Introdución a la teoría del crecimiento económico (1984) e La Crisis del sector naval y su repercusión en Galicia (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos artiodáctilos, da familia dos cérvidos, que presentan as hastas delgadas e longas, ramificadas cara a atrás e os ollos rodeados dunha franxa branca. Distribúense por América do Sur, habitualmente en espazos abertos. Comprenden unha única especie, Ozotocerus bezoarticus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos espáridos, ao que pertence o prago (P. pagrus).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de crustáceos, da familia dos pagúridos, ao que pertencen algúns cangrexos ermitáns, como P. bernhardus, de ata 10 cm, a cuncha de cor entre gris e vermella, e a pata dereita do primeiro par de maior tamaño; e P. prideauxi, de ata 6 cm, a cuncha de cor parda e a pata dereita do primeiro par lixeiramente maior ca a esquerda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das ramnáceas, que está formado por árbores ou arbustos que presentan follas alternas, espiñas estipulares e flores amarelas. Destaca a especie P. spina-christi, un arbusto espiñoso de ata 4 m de altura, propio de rexións áridas do Mediterráneo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves paseriformes, da familia dos timálidos, ao que pertence a especie P. biarmicus (rabilongo das canaveiras).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de virus constituídos por unha dobre cadea de ADN e unha cápside núa, de simetría icosaédrica, con 72 capsómeros; a maioría destes virus poden causar tumores cando están dentro de hóspedes vertebrados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político fundado por Lenin en 1898 e que en 1918 tomou o nome de Partido Comunista da Unión Soviética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política rusa que xurdiu en 1901 da fusión dos grupos populistas moi influídos polo anarquismo e polo revisionismo. Defendía a colectivización da terra no marco do mir (‘comunidade campesiña tradicional’) e o acto terrorista individual. Participou, con Aleksandr F. Kerenskij, no goberno provisional formado en marzo de 1917. Co triunfo da Revolución de Outubro, o PSR escindiuse: a á dereita, cos menxeviques, abandonou o congreso dos soviets, mentres que a á esquerda apoiou, temporalmente, os bolxeviques.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves paseriformes, da familia dos páridos, que presentan as ás curtas, a cabeza de pequeno tamaño e a plumaxe de cor gris, branca e negra. En Galicia este xénero está representado polos ferreiriños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manifestación escatolóxica de Xesús Cristo como Señor na súa segunda vinda, e a conseguinte instauración definitiva do Reino de Deus na fin da historia.
-
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1796-1801), fillo de Pedro III e Catarina II. A súa nai conseguiu a abdicación do Tsar Pedro III e ocupou o trono, ao tempo que o afastou da corte e o enviou á gobernación de Gračina. Converteuse en tsar á morte da súa nai e seguiu unha política oposta á dela. Restrinxiu os privilexios da aristocracia e restableceu a administración centralizada, abolida en 1775. Mantivo unha política vacilante respecto á Francia revolucionaria pois participou na segunda coalición (1798), pero pactou en 1800 con Napoleón I Bonaparte unha política antibritánica. Provocou descontentos nos estamentos máis altos da sociedade e foi asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Moscova 1672 - Peterburgo 1725) Tsar de Rusia (1682-1725), fillo menor de Aleixo I de Rusia e sucesor de Teodoro III de Rusia. Interesado en occidentalizar Rusia, reorganizou a administración territorial e creou un senado de nove membros en 1711, que, xunto cos nove colexios ou consellos ministeriais, foi o órgano supremo de goberno. Pero estas reformas non conseguiron unha transformación da arcaica estrutura socioeconómica do país. A adquisición dunha ampla fachada ao Báltico custoulle 21 anos de guerra contra Suecia (Guerra Nórdica), no curso da que derrotou a Carlos XII de Suecia en Poltava (1709), pero na que perdeu o mar de Azov, a saída ao Mar Negro. Deu nome á cidade de Peterburgo (1703), a onde trasladou a capitalidade, ata entón en Moscova, en 1713.
-
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1727-1730), neto de Pedro I de Rusia e fillo do Tsarévich Aleixo. Accedeu ao trono á morte de Catarina I de Rusia, cando tiña 11 anos. Morreu de varíola o día do seu casamento e sucedeuno a súa curmá Ana I de Rusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1761-1762), neto de Pedro I de Rusia e sobriño e sucesor da Tsarina Isabel Petrovna. Admirador de Federico II de Prusia, abandonou a coalición antiprusiana e deu así unha viraxe á Guerra dos Sete Anos (1756-1763), a pesar dos beneficios territoriais que esta lle proporcionaba. Un achegamento da garda imperial, promovido pola súa esposa, a futura Catarina II de Rusia, obrigouno a abdicar en 1762 no seu favor. Días despois foi asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor francés. Traballou ao servizo de Luís IX e realizou diversas buscas experimentais. Foi o primeiro que intentou converter o magnetismo en enerxía cinética.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán XXI.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Nunes.