Pedro I de Rusia o Grande
(Moscova 1672 - Peterburgo 1725) Tsar de Rusia (1682-1725), fillo menor de Aleixo I de Rusia e sucesor de Teodoro III de Rusia. Interesado en occidentalizar Rusia, reorganizou a administración territorial e creou un senado de nove membros en 1711, que, xunto cos nove colexios ou consellos ministeriais, foi o órgano supremo de goberno. Pero estas reformas non conseguiron unha transformación da arcaica estrutura socioeconómica do país. A adquisición dunha ampla fachada ao Báltico custoulle 21 anos de guerra contra Suecia (Guerra Nórdica), no curso da que derrotou a Carlos XII de Suecia en Poltava (1709), pero na que perdeu o mar de Azov, a saída ao Mar Negro. Deu nome á cidade de Peterburgo (1703), a onde trasladou a capitalidade, ata entón en Moscova, en 1713.