"Sem" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 381.

    1. Que ten lugar cada semestre.

    2. Que dura un semestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período de seis meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘metade, medio’.

    2. Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘parcialmente’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Farelo fino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura alxébrica dun conxunto onde están definidas dúas operacións asociativas, das que unha é distributiva respecto da outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de medio anel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina teolóxica trinitaria que intentaba opoñer ao homoousios de Nicea un arianismo mitigado, centrado na palabra homoousios para indicar que o Fillo era dunha natureza semellante á do Pai, aínda que non houbo nunca unanimidade na formulación desta semellanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que efectúa automaticamente unha parte das súas operacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade dalgúns proxectís de artillaría de prolongar o seu movemento e aumentar o seu alcance tras ser disparados cunha arma convencional da que están provistos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga figura de nota ou de pausa, representada por un rombo, cun valor de media breve. No s XV transformouse nunha figura branca que deu orixe á redonda actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos vexetais que perden a follaxe a causa da influencia do ambiente exterior e segundo un ritmo endoxénico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto nitroxenado que deriva formalmente da urea.

    2. Composto formado por substitución dalgún átomo de hidróxeno da semicarbacida por radicais orgánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome aplicado a diversos compostos de estrutura xeral NH2-CO-NH-N=CR1R2 que se obtén por tratamento de aldehidos e cetonas con semicarbacida. A preparación de semicarbazonas, formando estruturas cristalinas ben definidas, ten aplicación no illamento e na identificación de aldehidos e de cetonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das dúas partes en que está dividido un cilindro por un plano que pasa polo seu eixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a forma dun semicírculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das dúas partes iguais en que queda dividido un círculo por un diámetro.

    2. transportador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arco da circunferencia que ten por corda o diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao sema ou ao semema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • columna imbuída.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten propiedades intermedias entre as dos bos condutores eléctricos e as dos illantes, cunha condutividade que depende de diversos factores, como a temperatura, a tensión ou a inclusión de impurezas na súa estrutura.

    2. Substancia intermediaria entre os bos condutores e os illantes. O estudo teórico e as aplicacións dos semicondutores deron lugar a unha nova rama da electrónica, denominada do estado sólido. As propiedades eléctricas dos semicondutores débense a que teñen unha banda de condución separada da banda chea por unha banda prohibida moi estreita. Todas as bandas de enerxía dun sólido están sempre cheas ata a máis elevada, que pode estar tamén chea ou medio chea. Cando unha banda de enerxía está chea, o conxunto non pode dar orixe a ningunha corrente eléctrica. Se se aplica un campo eléctrico nun sólido coa última banda medio chea, os electróns desta banda aceleraranse e algúns pasarán a ocupar estados superiores da mesma banda. Os corpos condutores teñen a banda de enerxía superior a medio encher. Pero os semicondutores teñen a última banda ocupada totalmente chea a baixa temperatura, e esta banda queda separada da banda contigua superior baleira por un intervalo de enerxía prohibida. Ao aumentar...

    3. Semicondutor non cristalino formado por átomos que non presentan unha ordenación periódica de longo alcance.

    VER O DETALLE DO TERMO