"Tip" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 256.

  • Xénese do filo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome inglés da cidade e do condado irlandés de Tiobraid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome inglés do condado irlandés de Tiobraid Arann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán de Mysore (1783). Coñecido como Bhadur (‘o valente’), enviou unha embaixada a París, expulsou os británicos dos seus estados e, en 1789, atacou o raxá de Travancore, amigo dos británicos. Foi vencido en 1792 por unha coalición de británicos e marathas e refuxiouse en Seringapatam. Recibiu axuda francesa e volveu á loita, pero a derrota de Abulir en 1798 impediu a chegada de novos reforzos franceses. Morreu defendendo Seringapatam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mercador africano de orixe árabe. De nome A ḥ med ibn-Mu ḥ ammad, enriqueceuse co tráfico de escravos en África Oriental. Axudou a David Livingstone, en 1867, e a Vernet Cameron, en 1874. O mesmo ano comprometeuse a colaborar con Henry Stanley no seu descenso polo Congo, pero abandonouno a medio camiño. Estableceuse na conca do Congo, pero foi vencido e retirouse a Zanzíbar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coñecemento das comunicacións dos médiums obtidas por medio dos golpes que dan as patas dunha mesa, aos que se dá un significado, de acordo cunha convención alfabética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore perennifolia, de 10 a 30 cm de altura, que presenta follas pinnadas verde claras, flores vistosas, dun amarelo dourado, agrupadas en panículas terminais grosas, e de legumes alados. É unha árbore ornamental e de sombra que provén de América do Sur. OBS: Tamén se denomina acacia de flor amarela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos dípteros, da familia dos tipúlidos, que está constituído por mosquitos de grandes dimensións (3-4 cm), con patas moi longas e delgadas (ata 10 cm), ás veces sen ás, con antenas filiformes e aparato bucal curto e sen ocelos. De larvas fitófagas ou saprófagas, os adultos nútrense de zumes vexetais. Habitan en medios húmidos de rexións temperadas e cálidas de todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tipúlidos.

    2. Insecto da familia dos tipúlidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos dípteros, que se caracterizan por ter as ás coas nervacións distribuídas homoxeneamente, as antenas longas e pectinadas e as patas moi longas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á célula non diferenciada que pode xerar un individuo novo a partir dela mesma, como é o caso do cigoto ou dos blastómeros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elevación ao NO da chaira rusa, nas oblasti de Leningrado, Novgorod, Tver, Pskov e Smolensk. Ten unha extensión de máis de 600 km. Nacen nela os ríos Volga, Dvina setentrional, Lovat’ e Msta Mologa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das cantantes que interveñen nos números de conxunto nas zarzuelas, operetas e revistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Muller de Sócrates. Segundo o testemuño de Dióxenes Laercio, era mal encarada e rosmona. Platón fai unha presentación máis benévola dela no Fedón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e estratego, pai de Pericles. Acusou a Milcíades e logrou a súa condena. En 484 a C foi condenado ao ostracismo. Durante a invasión persa comandou a frota ateniense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao xenotipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de xenes que determina os caracteres hereditarios dun individuo. Os caracteres que se manifestan externamente constitúen o fenotipo. Poden existir diferenzas fenotípicas entre organismos co mesmo xenotipo e similitudes fenotípicas entre individuos con diferente xenotipo.

    VER O DETALLE DO TERMO