Tipula

Tipula
[ANIMAL/ENTOM]

Xénero de insectos dípteros, da familia dos tipúlidos, que está constituído por mosquitos de grandes dimensións (3-4 cm), con patas moi longas e delgadas (ata 10 cm), ás veces sen ás, con antenas filiformes e aparato bucal curto e sen ocelos. De larvas fitófagas ou saprófagas, os adultos nútrense de zumes vexetais. Habitan en medios húmidos de rexións temperadas e cálidas de todo o mundo.

Palabras veciñas

Tippu Tip | tiptoloxía | tipuana | Tipula | tipúlido -da | tira | tirabeque