tira
tira
(
-
s
f
[INDUM]
Anaco longo e estreito de tea, coiro ou calquera outro material. Na indumentaria tradicional destaca o uso de tiras de diferentes tecidos sobre unha peza con fins decorativos. Adoitan colocarse como simple adorno nas partes máis vistosas das pezas dos traxes de gala ou ben como reforzo naquelas partes das pezas de faena que sofren maior desgaste polo uso.
-
s
f
[PESCA]
Parte de corda dun aparello que se estira, desde a derradeira polea ata a punta, para pechar a rede.