"USA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 381.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nikolaus Krebs.
-
PERSOEIRO
Líder relixioso iraniano. Coñecido como Bahā’ Allāh (‘esplendor de Deus’), foi deportado a Bagdad, acusado de atentar contra o xa en 1852. Presentouse como o salvador anunciado por Bāb (1863) e enfrontouse con Y. Nūrī, irmán seu, designado sucesor polo mesmo Bāb. Conseguiu numerosos adeptos e a partir del o babismo tomou o nome de bahaísmo. As desordes político-relixiosas que provocaron as súas doutrinas motivaron que fose enviado a Istambul e Edirne en 1864, e máis tarde a Acre, onde morreu. Publicou unha centena de volumes, dos que destaca Kitāb al-aqtas, dividido, como o Alcorán, en suras e versículos, e escribiu cartas aos gobernantes de todo o mundo para instalos a desenvolver un sistema internacional de dereito e goberno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao triángulo que ten un ángulo obtuso.
-
PERSOEIRO
Médico xaponés. As súas investigacións sobre o ciclo ovular da muller e sobre a supervivencia dos espermatozoides permitíronlle propoñer un sistema de continencia periódica para impedir a procreación, coñecido como método de Ogino-Knaus.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Árbol (Antas de Ulla). O seu cumio acada os 529 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MONTAÑA
Aliñación montañosa situada entre os concellos de Friol, Outeiro de Rei e Begonte. A súa máxima altitude atópase no monte Cordal con 739 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de quen amosa coraxe ante calquera cousa complicada ou que entrañe riscos.
-
Acción ou dito que resulta moi atrevido.
-
Falta de pudor ou respecto no falar ou no actuar.
-
Acción irrespectuosa ou impúdica.
-
-
-
de ousar.
-
Que ou quen amosa ousadía.
-
Que está feito con ousadía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ter valor ou coraxe para facer ou dicir algo que implica risco ou perigo.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Iniciouse na fotografía co seu irmán Xosé en Ourense e formou (1899) unha pequena e breve sociedade cinematográfica con Xosé Gil, con quen realizou diversas exhibicións en Celanova, Verín, Braga, Porto e Lisboa. Asociouse en Vigo (1907) co estudo fotográfico de Cándida Otero, viúva de Filippo Prosperi. Co falecemento desta (1915), a galería Viuva de Prosperi-Pacheco pasou a ser de propiedade exclusiva de Xaime. Moitas das fotos realizadas por Filippo e Cándida foron posteriormente utilizadas por Pacheco, que continuou o catálogo de retratos e vistas da cidade que iniciara o fotógrafo italiano. Colaborador gráfico de Faro de Vigo, ABC, Blanco y Negro, Vida Gallega e, sobre todo, de El Pueblo Gallego, especializouse en retratos de estudo de xente anónima ou de persoeiros, como Carlos Maside, Ramón Cabanillas, Luís Seoane, Martínez Garrido ou A. Castelao, co que se converteu nun dos máis destacados de Vigo e de Galicia. O seu traballo, realizado cun amplo equipo...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Fuso grande ou torcedor para la ou liño.
-
Trade para facer buracos formado por unha polea que fai xirar unha broca.
-
Pau de madeira cunha roda colocada en posición horizontal no extremo inferior que se emprega para mazar o leite subíndoo e baixándoo dentro da ola.
-
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘trade’.
-
-
-
-
Interrupción temporal dunha acción.
-
Interrupción temporal en que se deixa de cantar ou tocar.
-
Unidade de figura de silencio que corresponde á redonda. Tanto esta coma as súas subdivisións indícanse cun signo, diferente para cada unha.
-
Silencio, máis ou menos longo, que se produce na cadea oral tras un grupo fónico ou unha oración. Serve para delimitar unidades sintácticas ou de sentido. OBS: Tamén se denomina pausa gramatical.
-
pausa métrica
Elemento constitutivo do verso, que consiste basicamente na detención momentánea do curso recitado ou lido da estrofa e o verso. Como principio xeral cómpre que coincida co gramatical, sen violentar nunca o despregamento sintáctico.
-
-
Maneira de actuar que se caracteriza por ser lenta e pausada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que trae como armas, en escudo partido: primeiro, en campo de prata, unha cruz de Santiago, de goles; e segundo, en campo de prata, cinco panelas, de sable, postas en aspa, e bordura de goles, con oito flores de lis, de ouro.
-
-
Que obra ou se move con lentitude.
-
Que ocorre ou se realiza pouco a pouco.
-
-
PERSOEIRO
Príncipe espartano, fillo de Cleómbroto I, da dinastía dos Áxidas. Sucedeu ao seu pai na tutela de Plistarco, fillo de Leónidas I. Rexente de Esparta, comandou os gregos a Platea (479) e na conquista de Bizancio (477), onde entrou en relacións con Persia, e por iso foi expulsado. Volveu ao seu país pero, acusado de traizón, morreu de fame no templo de Atenea, onde se refuxiara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Esparta, fillo de Plistoanax, da dinastía dos Áxidas. Cando aínda era menor de idade, reinou baixo tutela, por mor do exilio do seu pai. Unha vez no trono, opúxose a Lisandro e permitiu o retorno dos demócratas a Atenas (403 a C). Acusado de traizón, tivo que se exiliar a Tegea, onde morreu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, viaxeiro e xeógrafo grego. Percorreu Palestina, Exipto, Italia e, sobre todo, Grecia, a que describiu nos libros Ðåñé ή ãçóéò ô ῆ ò ‘Åëëάäïò (Descrición de Grecia, 160 e 177), obra escrita nunha prosa aticista e nun estilo en que recorre á variatio, imitando a Herodoto. Se ben as fontes que utilizou eran inseguras, serviron como documento para a arqueoloxía e a historia das relixións.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Cameixa e Moreiras (Boborás). O seu cumio acada os 523 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de liques que presentan o talo crustáceo liso ou verrugoso. Viven sobre as cortizas das árbores, en superficies leñosas ou suberosas. En Galicia localízase a especie Pertusaria ocellata.