"Uma" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 364.
-
-
Principio vital, entre os gregos, consciente de todo organismo. O estoicismo considerouno de forma panteísta a alma do mundo, ao mesmo tempo material e eterna. Para os gregos da koiné indicaba a parte máis alta da alma e para os primeiros escritores cristiáns designaba indistintamente o Espírito Santo e o espírito humano. Os gnósticos distinguiron entre home pneumático, psíquico e carnal.
-
Grupo melismático, no canto gregoriano, sobre a última sílaba dunha melodía silábica.
-
-
-
Parte da física que trata das propiedades do aire e dos outros gases desde o punto de vista do seu movemento.
-
Conxunto de técnicas baseadas na utilización de aire comprimido como fluído transmisor de esforzos, polo accionamento a distancia de diversos dispositivos funcionais, e moi valiosa na automatización industrial. As instalacións pneumáticas son simples, e adóitase empregar unha condución xeral (alimentada por un compresor), da que se derivan tomas de aire cara aos diferentes dispositivos. Os dispositivos pneumáticos máis empregados para a automatización son, entre outros, os cilindros e os motores, os distribuidores, as válvulas, os pratos revólver e os grupos condicionadores. Os cilindros pneumáticos consisten nun corpo tubular que aloxa un pistón solidario dunha barra, destinado a recibir a acción do aire comprimido e a moverse por efecto da forza resultante, empurrando ou estirando unha carga aplicada ao extremo da barra. Os motores pneumáticos empréganse na constitución de ferramentas e doutros dispositivos e adoitan ser do tipo de turbina ou de paletas. Os distribuidores ou válvulas...
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao aire ou aos outros fluídos gasosos.
-
Que se move pola presión do aire comprimido.
-
Que contén aire.
-
Elemento de rodamento de moitos vehículos, como automóbiles, camións, bicicletas, motocicletas, etc, constituído por un tubo toroidal de caucho (cámara), provisto dunha válvula que permite inchalo con aire a presión, e por unha envoltura (cuberta), formada por unha carcasa de fíos, e por unha capa de caucho que a cobre (banda de rodaxe). Algúns pneumáticos, coñecidos como pneumáticos de baixa presión, teñen moita máis capacidade de aire e unha presión inferior á dos pneumáticos ordinarios. Fabrícanse tamén pneumáticos sen cámara, en que a parte interior da cuberta é de caucho butil, que se axusta hermeticamente á lamia e obtura el mesmo as pequenas perforacións que poden ter lugar. Distínguese entre pneumáticos diagonais, que teñen os fíos da carcasa dispostos paralelamente ao plano da roda; pneumáticos radiais, que adoptan a forma de ferradura e que son os máis utilizados nos automóbiles porque ofrecen menos resistencia ao rodamento, non se desgastan tanto, presentan...
-
máquina pneumática /
Dispositivo que permite sacar o aire que contén un recipiente ou un recinto, facendo nel o baleiro, mediante a acción dunha ou máis bombas de baleiro.
-
-
Relativo ou pertencente ao pneuma, ao espírito ou ao Espírito Santo. O helenismo e san Paulo contrapuxeron o home pneumático (espiritual) ao home psíquico (puramente humano, anímico) e ao carnal, e indicaron que o primeiro posuía o espírito ou o Espírito Santo. Algúns gnósticos denominaron pneumático ao home que chegaba á plena posesión do espírito ou da gnose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
pneuma(to)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radiografía dunha articulación, despois dunha inxección previa de aire, con finalidade diagnóstica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor gasoso, especialmente referido ao enfisema do escroto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pneumocolon.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apertura aerífera que se forma na superficie dos pneumatóforos e doutras raíces epixeas.
-
-
Que é portador de aire.
-
Raíz epixea e respiratoria propia de diversas plantas, como as do xénero Taxodium, propias de terreos pantanosos ou inundados. Teñen unha aerénquima moi desenvolvida e moitos pneumátodos, e subministran osíxeno aos órganos non aéreos.
-
Formación típica dos hidrozoos, da orde dos sifonóforos, que funciona como órgano de flotación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso polo que os minerais dunha rocha endóxena se transforman tras a acción das emanacións gasosas que proceden do magma.
-
-
Aplícase ao mineral producido por compostos volátiles dun ou dalgún dos seus constituíntes e cuxos axentes son os gases magmáticos, denominados mineralizadores, como o hidróxeno, a auga ou os compostos de flúor.
-
Filón que sufriu mineralización preto de pegmatitas que desprenden fluídos quentes e que orixinan mineralizacións a maior temperatura que as que producen os mineralizadores acuosos.
-
-
-
Ciencia do espírito que en teoloxía designa a doutrina sobre o Espírito Santo. Desde G. W. Leibniz e Ch. Wolff indica a parte superior da psicoloxía en tanto que doutrina do espírito; para Kant constitúe a psicoloxía metafísica, en que a alma se considera unha substancia espiritual. Tamén designa a ciencia que se ocupa da natureza dos espíritos (anxos e demos).
-
pneumática.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
macedoniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de espirómetro empregado para efectuar medidas cuantitativas do aire inspirado e expirado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pneumopericardio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pneumoperitoneo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pneumorraque.
-
-
Presenza de aire ou gas nun órgano ou nunha parte que non o contén normalmente ou que só o leva en cantidades escasas, como nos casos de meteorismo e enfisema.
-
Presenza de quistes gasosos na túnica serosa dos intestinos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presenza de aire ou gases nos ouriños a causa de fermentacións amoniacais na vexiga ou de fístulas recto-vesicais ou vaxino-vesicais.