"andi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 305.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘augardente’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido de algodón con ligamento de tafetá, moito máis fino e transparente ca a muselina de algodón, cunha gran rixidez e transparencia, que se emprega especialmente na confección de vestidos, blusas e cortinas.
-
GALICIA
Profesor e escritor. Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela e, ao rematar, en 1921, recibiu a orde de incorporarse ao Batallón Expedicionario do Rexemento Zaragoza, unidade que foi enviada a Marrocos. Alí coñeceu a Rafael Dieste, Brea Segade e Amado Villar. De regreso a Galicia, en 1923, colaborou nos xornais Faro de Vigo, Galicia e El Pueblo Gallego, e alternou a creación coa docencia, primeiro no Pósito de Pescadores de Santa Uxía de Ribeira e máis tarde nun colexio privado. Pertenceu á Xeración de 1925, aínda que non deixou publicado ningún poemario -anunciara o libro Alfabeto, pero non se chegou a publicar-. A súa obra poética e ensaística está espallada en revistas e xornais, como A Nosa Terra, Grial e Nós. En 1929 continuou estudos na Escola Superior de Maxisterio de Madrid e tamén asistiu a clases de matemáticas e filosofía na Universidad Central. En Madrid traballou no Museo de Ciencias e participou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘ouro’.
-
PERSOEIRO
Novelista irlandés. Considerado como un dos escritores máis importantes do Renacemento literario irlandés, destacou polas súas versións inglesas das lendas irlandesas. Da súa produción cómpre salientar History of Ireland: Heroic Period (dous volumes, 1878-1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (1.586 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura, co predominio do regadío dedicado principalmente aos cítricos. Conta ademais con industrias de manufactura de peles e a apicultura, que é unha actividade tradicional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de extensión ou de estiramento de todas as partes do corpo, frecuentemente acompañado de bocexos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves ao que pertence a especie P. haliaetus (aguia peixeira).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título de distinción intelectual que se lle dá en India a algunhas persoas da clase bahmánica que posúen un dominio da literatura sánscrita.
-
GALICIA
Actor, guionista, narrador oral e director teatral. Comezou a súa actividade como actor en 1975, destacando na Mostra de Teatro Galego de Ribadavia. Membro fundador da compañía A Farándula (1975), traballou con compañías viguesas ata 1983, cando comezou a actuar con outras agrupacións galegas e co Centro Dramático Galego. Debutou como director con Tranvía Teatro en 1989 coa peza O merlo branco (Premio Xeración Nós de Teatro Infantil 1991). Desde entón escribiu, dirixiu ou fixo adaptacións para varias compañías, especialmente para Ollomoltranvía. Desde finais da década de 1990 participou como guionista en series de ficción para a TVG, como O campo de atrás ou Mareas Vivas (1998). Das súas pezas, algunhas delas dirixidas por el, destacan Raíñas de pedra, A Mostra. Travesura 92 (1991), Commedia, un xoguete para Goldoni (1993), que recibiu varios premios dentro e fóra de Galicia; O Rei Nu (1995), Nano (1997, Premio María...
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite entre a parroquia de Randín (Calvos de Radín) e Portugal. O seu cumio acada os 1.375 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Formouse na Academia di Belle Arti di San Luca (Roma, 1971-1974) e en 1986 instalouse na Coruña. Cultiva a pintura ao óleo e o debuxo, nun estilo realista. Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio da Famiglia Artistica Internazionale (1972) e o premio de pintura Isaac Díaz Pardo (1989)
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Comezou traballando nos obradoiros da Viúva e fillos de Riego. A partir de 1807 fíxose cargo dese mesmo obradoiro e comezou a editar a Gazeta de La Coruña (1808), un dos primeiros xornais da cidade, contrario ás tropas napoleónicas. En 1811 editou un folleto de Jovellanos dirixido aos españois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Inicialmente cultivou un estilo romántico próximo ao de Nerval ou Baudelaire e, co tempo, avanzou cara ao surrealismo e o erotismo sutil. Anacrónico no tratamento dos temas, escribiu tanto novela como poesía, e da súa obra destacan Dans les années sordides (1943), Le lis de mer (1956), La motocyclette (1963), La marge (1967, Premio Gongourt), Sous la lame (1976) e Le deuil des roses (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor brasileiro. Despois dunha tempada en París utilizou técnicas expresionistas e surrealistas. Nos seus murais e cadros mostrou as duras condicións da vida dos cangaceiros, campesiños, pastores e seringueiros, mediante cores vivas e frescas con liñas limpas. Evolucionou cara ao expresionismo dramático e brutal. Da súa produción destacan O traballo da terra brasileira e Xogos de nenos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Terceiro e último estadio do Malm, que descansa sobre o Kimmeridxiano e baixo o Berriasiano. O límite superior é dubidoso, por esta razón prefírese o seu equivalente oriental e de facies netamente mariñas, o Titoniano. O estratotipo está nas Portland Sands da illa de Portland (Inglaterra).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Portlandiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ocorre despois de comer.
-
-
Relativo ou pertencente ás comidas.
-
Que ocorre como efecto de comer.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esterol derivado da proxesterona que é excretado nos ouriños, mentres funciona o corpo lúteo, na segunda fase do ciclo ovulatorio.