"hem" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 254.

  • PERSOEIRO

    Viaxeiro e aventureiro. Entre 1502 e 1508 visitou os países do Mediterráneo oriental e de Oriente Medio e chegou ata a India e Malacca. Volveu para Lisboa polo camiño do cabo de Boa Esperanza. A relación da súa viaxe, Itinerario de Ludovico de Varthema Bolognese nello Egypto, nella Surria, nella Arabia deserta e felice, nella Persia, nella India & nella Ethiopia (1510), foi utilizada por xeógrafos e cartógrafos durante case dous séculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de vehemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pon paixón, forza ou entusiasmo naquilo que fai ou di.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bohemia (1230-1253), fillo e sucesor de Otakar I de Bohemia. Derrotou a Federico I (1232), aínda que posteriormente aquel invadiu Moravia. Para executar contra el o decreto de proscrición, uniuse ao emperador en 1237, que acabou conseguindo o dominio total de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bohemia (1278-1305) e de Polonia (Venceslau I, 1300-1305), fillo e sucesor de Otakar II de Bohemia. Estendeu a soberanía feudal sobre os ducados de Silesia, que foron de Polonia. Interveu na elección de Alberte I (1297-1298), pero tivo que sufrir o seu dominio. Accedeu ao trono polaco ao casar coa herdeira, Isabel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bohemia (1305-1306), de Hungría (Venceslau I, 1302-1305) e de Polonia (Venceslau II, 1305-1306), fillo de Venceslau II de Bohemia. Perdeu Hungría na guerra contra Alberte I de Austria (1305) e tivo que venderlle as posesións de Misnia ao margrave de Brandenburgo. Foi o último soberano da dinastía premyslida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Venceslau I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Hehlen, Braunschweig 6.10.1836 - Berlín 23.1.1921) Anatomista e citólogo alemán. Contribuíu ao desenvolvemento da teoría da neurona (nome proposto por el, igual que cromosoma), estudou o sistema linfático, os tecidos cancerosos e cuestións embriolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Fixo xunto con Gauss importantes estudos sobre o magnetismo terrestre e propuxo un sistema de unidades para a electricidade. Inventou un telégrafo electromagnético (1833) e construíu un electrodinamómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático alemán. Contribuíu á teoría de funcións, estudou as funcións abelianas, as elípticas, as variables complexas, o cálculo de variacións e a converxencia das series.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Socialista. Foi o primeiro teórico alemán do comunismo. Fundou en Nova York (1852) a organización Arbeiterbund. Das súas obras destaca Die Menschheit wie sie ist und sein sollte (A humanidade tal como é e tal como debería ser, 1838).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo alemán. Coñecido como Ferdinand von Richthofen, organizou unha asociación de xeografía e fundou un instituto oceanográfico. Está considerado como un dos creadores da xeomorfoloxía. Foi o primeiro científico que individualizou as rías como un tipo singular de costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Baixa Saxonia, Alemaña, na costa noroeste do golfo de Jade, no mar do Norte (90.200 h [1990]). Ten estaleiros e industria téxtil e de máquinas de escribir (Olympia). Porto pesqueiro e comercial, foi construído en 1859 como porto militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bohemia e marqués de Moravia (1458-1471), rexente e sucesor de Ladislau I de Bohemia (Ladislau IV de Hungría). Nobre husita, tomou Praga aos católicos (1448) e recibiu a investidura do reino de mans do Emperador Federico III.

    VER O DETALLE DO TERMO