Varthema, Ludovico de

Varthema, Ludovico de

Viaxeiro e aventureiro. Entre 1502 e 1508 visitou os países do Mediterráneo oriental e de Oriente Medio e chegou ata a India e Malacca. Volveu para Lisboa polo camiño do cabo de Boa Esperanza. A relación da súa viaxe, Itinerario de Ludovico de Varthema Bolognese nello Egypto, nella Surria, nella Arabia deserta e felice, nella Persia, nella India & nella Ethiopia (1510), foi utilizada por xeógrafos e cartógrafos durante case dous séculos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Boloña

  • Deceso

    Lugar : Roma