"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • Movemento antiseñorial que tivo lugar en Galicia no s XIV. Desenvolveuse no contexto da crise xeral da Baixa Idade Media, en especial pola excesiva señorialización do medio agrario e a situación política de anarquía da Coroa de Castela. As orixes do conflito atópanse na loita dinástica entre Pedro I e Enrique de Trastámara e a vitoria deste, que recompensou os nobres que o apoiaran con importantes mercedes e creou en Galicia unha nova nobreza, de orixe foránea, que asumiu os cargos de poder. O abuso do poder dos señores e a débil situación socioeconómica, provocada polas malas colleitas e as consecuencias da Peste Negra, provocaron o levantamento de labregos, artesáns e comerciantes. Antes do levantamento de 1431 producíranse movementos antiseñoriais dirixidos, principalmente, contra o señorío eclesiástico. En 1422, ante a ausencia de Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela, un grupo de artesáns e cabaleiros iniciou unha revolta coa finalidade de converter a vila nunha cidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás Guerras Irmandiñas.

    2. Cada un dos membros das diversas irmandades creadas en Galicia ao longo da Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado en Montevideo a partir do 1 de outubro de 1934. Cesou a súa edición o 1 de xaneiro de 1936. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Rosgal. Voceiro da Irmandade Galeguista do Uruguay e relacionada co Partido Galeguista, incluíu información política de orientación nacionalista. Colaboraron nela destacados políticos e escritores, como Alexandre Bóveda e Afonso Castelao. Na súa segunda época, entre xuño de 1958 e xuño de 1961, foi dirixida por Xosé L. Villaverde e Miguel V. Valiño e seguiu os mesmos postulados políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Discípulo de Gérard David, foi autor do Díptico da Virxe das Dores, A misa de san Gregorio e o Tríptico do Nadal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Skandërbeg.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Islandia.

    2. Natural ou habitante de Islandia.

    3. Lingua xermánica do subgrupo setentrional do phylum indoeuropeo que se fala en Islandia. As diferencias dialectais son escasas, principalmente de índole fonética, entre os falantes do sur e do norte. Lexicamente a lingua é moi pura, debido á reacción iniciada ao comezo do s XIX para eliminar os numerosos barbarismos que tiña. Desde o s XII emprégase o alfabeto latino, con adicción de dous signos (ð, ).

    4. Arte desenvolvida en Islandia. Consérvanse poucos vestixios medievais e, con posterioridade á Reforma, só ilustracións de libros. No s XIX desenvolveuse a pintura de paisaxe, xénero influenciado polo impresionismo e no que destacaron Asgrímur Jónsson (1876-1958) e Johannes Krjaval (1885-1972). Na escultura destacou Asmudur Sveinsson (1893-1982) que creou unha escultura moderna oposta ao clasicismo de Sigoroûr Sigoroûr (1916). No s XX destacaron Hörôur Agustsson (1922), Karl Kvaran (1924) e Erró (1932), representantes da arte abstracta, do xeometrismo e do surrealismo, respectivamente. No eido da arquitectura cómpre destacar a G. Samúelsson, autor da Universidade de Islandia, do Teatro Nacional e da Hallgrimkirkja de Reykjavik.

    5. Literatura escrita en islandés. Nos ss X e XI destacou unha poesía de argumento heroico inspirada na mitoloxía nórdica (cantos de Edda), as poesías dos escaldes (poetas cortesáns, dos que E. Skalagrimsson foi un dos máis coñecidos), e as sagas, narracións en prosa dos relatos tradicionais conservados oralmente, aos que se volverá durante o romanticismo (Thorarensen, Hallgrimsson e G. Thomsen). A Biblia traduciuna G. Thórláksson en 1584. No s XX, cómpre salientar a H. Kiljan Laxness, quen foi galardoado co Premio Nobel de Literatura (1955). A finais do s XX destacou Gudbergur Bergsson, autor da novela Tómas Jónsson, cualificada como a primeira obra realmente contemporánea da literatura islandesa. A partir de 2001 tivo unha gran transcendencia a obra de autores como Einar Már Gudmundsson, Hálgrium Helgason, Anna G. Jónasdóttir, Halldór Laxness, Olafur Olafsson, Snorri Sturlusson e Thorvaldur Thorsteinsson.

    6. Arte musical cultivada en Islandia. O folclore islandés conserva sinais da colonización viquinga. Existe unha forma de canto épico popular, o tvisöngur; no           s XVI difundiuse a danza nacional, vikivaki, e a música coral protestante. No s XIX destacaron compositores como S. Sveinbjörnsson (1847-1927) e Sigfús Einarsson (1877-1939). A vida musical céntrase en Reykjavik, onde está a Orquestra Sinfónica da cidade e o Teatro Nacional Islandés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular de Europa, situado ao S do Círculo Polar Ártico, entre o Océano Atlántico, ao S, o Océano Ártico, ao N, e o mar de Noruega, ao L (102.819 km2; 282.000 h [2001]). A súa capital é Reykjavik.
    Xeografía física
    Islandia caracterízase polo vulcanismo e o glaciarismo. Ten numerosos cráteres volcánicos, como o Hekla e o Laki. As coadas de lava bloquearon moitos vales e orixinaron lagos, como o de Thingvellir. Tamén abundan as surxencias de augas termais, algúns auténticos chafarices como o de Geysir, ao S da illa, que deu nome a este tipo de fenómeno (geyser). Entre os glaciares, que ocupan a oitava parte do territorio, destaca o de Vatnajökull, ao SL. As erupcións producidas sobre un glaciar provocan violentos desxeos e as correntes de auga estenden ao pé dos glaciares potentes capas de aluvións. O clima é de tipo oceánico subártico, húmido. A flora é de carácter boreoalpino europeo. Un piso inferior, subártico,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área depresionaria da faixa de baixas presións subpolares do hemisferio boreal, centrada habitualmente entre os 50° e os 75° de latitude N sobre o Atlántico noroccidental, entre Groenlandia e Islandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Micotoxina illada do Penicillum islandicum que pode contaminar o arroz e causar intoxicacións alimentarias que lle afecten ao fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran príncipe de Moscova (1462-1505), fillo e sucesor de Basilio II. Unificou unha gran parte de Rusia (centralización do poder e unificación do sistema xudicial, entre outras medidas) e loitou contra Suecia, os grandes príncipes lituanos e os livonianos. Estableceu relacións diplomáticas con diversas nacións europeas e abriu o país á influencia da cultura occidental. Chamou ao arquitecto italiano Aristotile Fieravanti para refacer e embelecer o Kremlin, onde construíu a catedral da Asunción(1476-1479).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romanés. Da súa produción destacan as novelas Vestibulul (Vestíbulo, 1966), P ǎ s ǎ rile (Os paxaros, 1970) e Racul (O cancro, 1976); e os ensaios Corn de Vin ǎ toare (Corno de caza, 1972) e Pro-domo (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben os arbustos do xénero Pilocarpus, da familia das rutáceas. É orixinario de América do Sur e as súas follas empréganse como planta medicinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores e arbustos, da familia das bignoniáceas, con follas opostas, xeralmente bipinnadas, con numerosos folíolos. Presenta flores en panículas axilares ou terminais co cáliz acampanado, truncado ou con 5 lóbulos e a corola tubular-acampanada de cor azul a violeta, xeralmente bilabiada, con 4 estames. Froito en cápsula bivalva leñosa con numerosas sementes aladas. Comprende 45 especies nativas de América tropical. En Galicia está presente a especie Jacaranda mimosifolia para uso ornamental polas súas atractivas flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político estadounidense. Sétimo presidente de EE UU (1829-1837), defendeu a autoridade federal fronte á ameaza de secesión de Carolina do Sur, e opúxose á renovación do privilexio da banca nacional e ao conxunto das medidas económicas que pretendían situar a EE UU na vía dun capitalismo liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Länd de Suecia (49.443 km2; 129.566 h [estim 2000]). A súa capital é   Östersund.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Experimentou coa linguaxe como fenómeno acústico e adoptou teoremas do dadaísmo e do círculo de Viena. A súa poesía concreta, reflectida en Laut et Luise (1966), Sprechbalsen (Globos de viñeta, 1968), Der gelbe Hund (O can amarelo, 1980), estendeuse ás súas obras radiofónicas Fünf Mann Menschen (Cinco homes, 1970), Das Röcheln der Mona Lisa (O estertor da Mona Lisa, 1970), e á ópera falada, como en Aus der Fremde (Desde terra estraña, 1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muncipio da provincia de Cáceres, Extremadura (2.970 h [2001]), situada na comaca de La Vera, a súa economía baséase nos recursos agropecuarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jean de Bruxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Fillo de campesiños, en Petrogrado (1915) tivo contacto cos membros do movemento simbolista e co poeta A. A. Blok. En 1918 integrouse no movemento imaxinista. A súa poesía ofrece unha visión mística da sociedade, que se converte en pesimista e satírica. Escribiu Radunica (1915), Inonija (1918), Moskva Kabackaja (Moscova das tabernas, 1924) e Kapitan Zemli (O capitán da terra, 1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Comezou a publicar en 1949, influído por Majakovskij. Destacan as súas escolmas poéticas Tretij sneg (A terceira nevada, 1955), Obeščanije (A promesa, 1957), I drugic (Tamén os outros, 1962); o seu libro Autobiografía (1963); e das súas viaxes polo estranxeiro, o ciclo cubano, do que destacan os títulos Internacional e Tri minuty pravdy (Tres minutos de verdade). Foi un dos representantes da poesía soviética da época da desestalinización, na que destaca Nasledniki Stalina (Os herdeiros de Stalin, 1962).

    VER O DETALLE DO TERMO