"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de fórmula COOH que confire propiedades ácidas á molécula que o contén (ácido carboxílico), xa que o anión (carboxilato) formado pola disociación do protón carboxílico se estabiliza por resonancia. Na forma non disociada os grupos carboxilo pódense unir entre eles por pontes de hidróxeno e formar dímeros ou trímeros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
+ celulosa)
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos enzimas hidrolíticos que liberan dunha proteína só o aminoácido terminal o que ten o grupo carboxilo libre. A carboxipeptidase A (peptidil-L-aminoácido-hidrolase) cataliza a hidrólise do peptidil-L-aminoácido a péptido e L-aminoácido. A carboxipeptidase B actúa só se o aminoácido terminal do péptido é lisina ou arxinina. Estes dous enzimas proveñen do páncreas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agregado celular de gran tamaño e exclusivo das bacterias autótrofas, que almacena ribulosa-1,5-bifosfato carboxilasa, enzima que fixa CO2 pola vía do ciclo de Calvin.
-
MACIZO
Macizo das Montañas Rochosas (1.006 m), ao O do Canadá, atravesado polos ríos Peace e Hay. Posúe importantes xacementos de cobre e ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo (1564) e cardeal (1560) de Milán. A tradición conta que durante a gran peste de 1575 andou en procesión de penitencia por Milán, cunha corda ao pescozo e cun cilicio, socorrendo os apestados. Interveu no Concilio de Trento (1545-1563), dirixiu a Contrarreforma en Suíza e reformou a súa diocese fundando colexios e seminarios. Malia a súa actitude de severidade e austeridade, foi moi popular, especialmente trala peste de 1576, que orixinou unha gran mortaldade. Escribiu numerosos sermóns e instrucións; entre eles, Actas sinodiais, Sermóns, Instrucións e cartas. Canonizado en 1610, a súa festividade celébrase o 4 de novembro. En iconografía represéntase vestido de cardeal, co capelo e a capa purpúreas, e leva como atributos o báculo arcebispal coa dobre cruz, un crucifixo na man e unha corda ao pescozo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Temerario (Dijon 1433 - Nancy 1477) Duque de Borgoña (1467-1477), fillo e sucesor de Filipe o Bo e de Isabel de Portugal. Participou na Liga do Ben Público contra Luís XI de Francia e, a través do Tratado de Conflans (1465), conseguiu a vila de Somme e o protectorado borgoñón de Liexa e, polo Tratado de Péronne (1468), acadou a exención de Flandres da xurisdición do Parlamento de París. A rivalidade con Luís XI, sen embargo, proseguiu cunha serie de accións bélicas separadas por treguas. Non conseguiu do Emperador Federico III a concesión da dignidade real, malia que dominou un vasto territorio que foi incrementando durante a súa vida. Sexismundo, duque de Austria, declaróuselle vasalo e polo Tratado de Saint-Omer de 1469 entregoulle a Alta Alsacia, Sundgau e o condado de Pfirt. Renato de Lorena tivo que cederlle diversas prazas fortes en 1473. Tamén incorporou ao estado borgoñón o ducado de Gelderland e o de Zutphen (1473). Axudou o arcebispo Ruprecht de Colonia...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos María Isidro de Borbón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
carrabouxo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Excrecencia rugosa en forma de bóla, orixinada pola presenza de himenópteros parasitos, que aparecen nas pólas tenras do carballo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe de cómic da autoría do humorista Xosé Lois publicado nos xornais La Región e Atlántico Diario, e no semanario A Nosa Terra. Trátase dun ser atemporal, que parte do enxebre para satirizar con ironía sutil asuntos moi modernos, cunha linguaxe chea de frases e modos actuais e acompañada de numerosos xogos lingüísticos.
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia e concello de Laxe, situada na costa occidental do monte da Insua, ao NO da vila de Laxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e político. Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas no primeiro goberno autonómico (1982). Foi tamén director de Obras Públicas da Deputación Provincial de Ourense, director xeral de coordinación de investimentos no ministerio de Obras públicas e presidente da comisión nacional de recursos da auga no III Plan de Desenvolvemento. Presidiu a comisión nacional de Deportes de Alianza Popular (1986-1996) e, a partir de 1989, foi deputado no Parlamento español polo Partido Popular. Foi voceiro do Grupo Popular na comisión parlamentarias de Deportes (1989-1996), e da comisión de Transportes e secretario da comisión de Infraestruturas a partir de 1996.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, duque de Montemar. Participou na Guerra de Sucesión loitando no bando borbónico. En 1733 capitaneou a conquista de Nápoles e Sicilia, e derrotou as forzas imperiais en Bitonto, polo que Filipe V lle otorgou o título de duque de Montemar e de Bitonto (1734). De volta a Castela foi nomeado secretario de Guerra (1737-1741). En 1741 marchou a Italia para participar na Guerra de Sucesión contra Austria, pero un desacordo no plan de campaña relegouno do mando e foi, de novo, enviado a España e desterrado temporalmente da corte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de madeira, metal ou plástico, en forma de triángulo rectángulo escaleno que se utiliza no debuxo técnico. Os seus catetos forman ángulos de 30 e 60 graos coa hipotenusa.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía (2.600 h [1996]). Sitúase na conca do río Guadalhorce e forma parte da serra de Tolox. A agricultura, sobre todo o cultivo de cereais, e a gandería bovina son as súas principais actividades económicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e debuxante. Discípulo de Joan Vicens, en 1882 estudiou no obradoiro de Carolus Duran en París, onde pintou un autorretrato vestido de andaluz que foi admitido no Salón de 1883. En 1890, con Rusiñol e Miquel Utrillo, instalouse no Moulin de la Galette en Montmartre, etapa destacada con cadros como Plein air (1891) e Ball al Moulin de la Galette (1893) e caracterizada, no que respecta ao debuxo, pola influencia de Toulousse-Lautrec, Steinlein e Forain. De regreso a Barcelona, realizou unha serie de obras que amosaban a conflitividade social da época como Garrote vil (1894), La càrrega (1902) e a vida popular como Ball de tarda (1895) e Processó de Santa Maria del Mar (1896). Na plenitude do modernismo, representou a conxunción do realismo do s XVII e as suavidades impresionistas co sintetismo da pincelada e a sutileza dos tons vivos dentro dunha atmosfera agrisada. En 1897, con Rusiñol, Utrillo e Pere Romeu, abriu a cervexería...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista protestante. Foi bibliotecario real na corte de Enrique IV en París. En 1610 estableceuse en Inglaterra, protexido por Xaime I, que o utilizou como panfletario relixioso, especialmente contra os xesuítas. Editou libros de diversos autores gregos e latinos como Aristóteles ou Teócrito.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo dos cashibos ou á súa lingua.
-
Individuo da tribo cashibo.
-
Tribo indíxena do Perú, que vive á beira dos afluentes esquerdos do río Ucayali. Constitúen o grupo máis numeroso da familia ge-pano-caribe.
-
Lingua que se fala no Perú e que pertence á familia lingüística ge-pano-caribe e á subfamilia caribeña.
-
-
PERSOEIRO
Médico norteamericano. Foi profesor en Harvard e escribiu varios traballos sobre a fisiopatoloxía das anemias de tipo pernicioso. Demostrou a existencia do chamado factor intrínseco de Castle, formado na mucosa gástrica e duodenal, que capta o factor extrínseco (vitamina B12), necesario para a eritropoese normal.
VER O DETALLE DO TERMO