"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glicósido presente na cortiza de Quercus tinctoria, que forma cristais de cor amarela, constituído por unha molécula de ramnosa e unha de quercetina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores, da familia das fagáceas, coa cortiza gris ou parda, follas caducas ou perennes, lobuladas ou ovais, glabras ou pilosas. O froito é unha landra de tamaño variable, cun pedúnculo máis ou menos longo. En Galicia é moi frecuente a especie Q. robur (carballo).
-
-
Comandante dun corpo de mil soldados, na antiga Grecia. Referido primeiro á garda real persa dos nobres cabaleiros ou parentes do rei, a palabra traducía os cargos romanos de tribuno e de prefecto da cohorte.
-
Primeiro oficial, despois do rei, dos exércitos persa e macedonio.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e mestre de retórica latina. Ensinou en Roma e Hispania e escribiu libros de retórica, xa perdidos, dos que destacan De causis corruptae e Defense do Nevi Arpiano, ademais da súa obra máis destacada, o tratado de retórica clásica e ciceroniana De Institutione Oratorio, en 12 libros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Agrarista, irmán de Dionisio Quintillán Cardesín. Desenvolveu unha grande actividade societaria, fundou diversas sociedades agrarias, presidiu a Federación Agrícola de Forcarei (1924) e colaborou nos xornais Umia y Lérez, Acción Social e La Libertad.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora, filla de Xosé Quiroga Velarde, conde de San Martín de Quiroga. Vinculada a Galicia e con influencias de E. Pardo Bazán, nas súas obras presenta a temática da disolución da baixa nobreza rural e as relacións entre os señores e os criados. Escribiu La soledad sonora (1949), Viento del Norte (1950, Premio Nadal de Novela), La otra ciudad (1953), Tristura (1960, Premio de la Crítica Española), Presente profundo (1973) e Se acabó todo, muchacha triste (1977). Foi membro da Real Academia Española (1984). Recibiu a Medalla Castelao (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador do cine. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi responsable da Filmoteca de Galicia e profesor na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Pioneiro na investigación da historia do cine en Galicia, publicou numerosos traballos sobre as orixes do espectáculo cinematográfico en Galicia, como El cine en Galicia durante la Segunda República (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca situada no SL da provincia de Lugo, no L da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coas comarcas de Sarria (concello de Samos) e Os Ancares (concello de Pedrafita do Cebreiro); polo S coas comarcas de Terra de Trives (concellos de San Xoán de Río, A Pobra de Trives e Manzaneda) e Terra de Caldelas (concello de Castro Caldelas); polo L coa comarca de Valdeorras (concellos de Larouco, A Rúa e Vilamartín de Valdeorras) e a provincia de León; e polo O a comarca de Terra de Lemos (concellos da Pobra do Brollón e Monforte de Lemos). Abrangue unha superficie de 578 km2cunha poboación de 7.038 h (2001), distribuída entre os concellos de Folgoso do Courel (192,8 km2; 1.498 h [2001]), Quiroga (317,4 km2; 4.169 h [2001]) e Ribas de Sil (67,8 km2; 1.371 h [2001]). A súa cabeceira comarcal é a vila de Quiroga. Pertence ao partido xudicial de Monforte de Lemos.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O substrato litolóxico existente na comarca... -
VER O DETALLE DO TERMO
Sarcoma do tecido muscular estriado.
-
PERSOEIRO
Conde de Barcelona, Girona e Osona (992-1017?), fillo e sucesor de Borrell II. En 1003 emprendeu unha expedición contra Lleida coa axuda doutros condados. ‘Abd al-Malik Yūsuf al-Mu ẓ affar, fillo de Almanzor, asaltou Meià, mentres Wadih tomou o castelo de Montmagastre, chegou a conca de Òdena e atacou a Castellolí, pero a época do ano avanzada e a resistencia cristiá obrigaron aos sarracenos a retirarse.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radio Corporation of America.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de reabsorber ou reabsorberse.
-
PERSOEIRO
Físico e naturalista francés. Iniciador da metalografía, estudou os metais e as aliaxes de ferro e ideou a escala de temperatura que leva o seu nome. Tamén estudou os insectos, os crustáceos e os peixes. Amosouse contrario á teoría da xeración espontánea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título xeral da obra de Marcel Proust en que o autor realiza unha crónica da evolución da sociedade francesa desde a guerra de 1870 ata a Primeira Guerra Mundial. Considerada como a culminación da novela do s XIX e un dos puntos de partida fundamentais da do s XX, está composta polas novelas Du côté de chez Swann (1913), À l’ombre des jeunes filles en fleur (1918), Le côté de Guermantes (1920), Sodome et Gomorrhe (1922), La prisonnière (1923), Albertine desparue (1925) e Le temps retrouvé (1927).
-
PERSOEIRO
Barítono. Debutou no Teatro Real (1919) con La Traviata de G. Verdi e, posteriormente, viaxou a Italia, onde interpretou La Forza del Destino (1920). Establecido en Barcelona, deixou a ópera para dedicarse por completo á zarzuela. Foi galardoado coa Gran Cruz de Isabel a Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
olver embarcar.