"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Escritor, realizador cinematográfico e teatral italiano. Publicouse, trala súa morte, un manifesto no que definía a fotografía dende o seu punto de vista futurista titulado Fotodinamismo futurista (Turín, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘pantalóns’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica do mundo do marketing, que consiste na acumulación e posterior elaboración e síntese das ideas orixinadas por unha asociación libre e espontánea, ao redor dun núcleo temático. Estas ideas xorden dun equipo de persoas reunidas. É un método eficiente, especialmente para a busca de slogans, para a mellora de certas técnicas de venda. Pódese aplicar a outros campos, por exemplo aos procesos de elaboración de decisións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de intelectuais, artistas e escritores galegos creado en Madrid no ano 1958. Estaba formado por Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño, Xosé Fernández Ferreiro, Xosé Alexandre Cribeiro, Bautista Álvarez, Ramón Lorenzo, Ben-Cho-Shey, Herminio Barreiro e César Arias. Reuníanse en cafés, tabernas ou no Centro Galego de Madrid. O nome foi proposto por Xosé Fernández Ferreiro, quen inventou a historia dun afiador chamado Brais Pinto, procedente de Nogueira de Ramuín que, tras percorrer todos os continentes, xa vello, decidiu instalarse na súa aldea, pero foi atropelado por un tranvía en Madrid, sen poder realizar o seu proxecto. O pulo inicial do grupo xurdiu dunha preocupación común por Galicia e polos seus problemas, aprazados pola ditadura franquista; en concreto, o atraso que observaban na pintura e na literatura, que discorrían á marxe das novas tendencias, e a inexistencia dunha actividade política nacionalista e democrática. Interesados polas propostas da actualidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e pintor italiano. Está considerado como o iniciador do Renacemento romano. Aprendeu no obradoiro de frei Bartolommeo de Urbino, quen o iniciou na pintura. A súa primeira obra foi a decoración da igrexa de Santa Maria della Bella. En Urbino, iniciouse tamén na arquitectura, sendo seus o pazo de Torriglione e as igrexas de San Bernardino e da Nosa Señora del Piratello, en Imola. Trasladouse a Milán en 1472, onde coñeceu a Leonardo da Vinci, quen influíu nas súas ideas arquitectónicas. En Milán realizou a igrexa de Santa Maria presso San Satiro, na que reflecte un novo xogo de perspectivas, e Santa Maria delle Grazie; outras obras súas en Milán son a Casa dos Cóengos ou a tumba de Ludovico il Moro, ademais de participar na elaboración dos planos da catedral de Pavia xunto con Francesco di Giorgio e de Amadei. Da súa pintura lombarda quedan poucos testemuños: Homes de armas e filósofos e Cristo na columna. En 1499 chegou a Roma, onde se adicou intensamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Ontario, Canadá, situada ao oeste de Toronto (268.251 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra polo seu matrimonio con Enrique I (1270). Foi nai de Xoana, casada co Rei Filipe o Fermoso de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e filólogo italiano. Director da Fundación Giorgio Cini de Venecia. Fixo estudios sobre Boccaccio e traballou na edición das súas obras: Rime (Rimas), Amorosa visione (Visión amorosa), Caccia di Diana (A caza de Diana) e especialmente o Decamerón. Fundou e dirixiu a revista Studi boccaccheschi (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de animais procordados do subfilo dos cefalocordados ao que pertence o anfioxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Carmelita e xornalista holandés. O seu nome de familia é Arno Sjoerd Brandsma. Fundou a Unión de Escolas Católicas (1925). Opúxose ao Nazismo. Por este motivo estivo no campo de concentración de Dachau, onde morreu a causa dunha inxección letal. Foi beatificado por Xoán Pablo II en 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sitio ou terreo no que abundan as brañas.

    2. Aplícase ao terreo onde hai auga constantemente ou do que está sempre convertido en braña por ter moita humidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteceso baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Póla de crecemento limitado, especialmente de distancias entre nós moi curtas e follas aproximadas, a miúdo formando unha roseta, como as follas aciculares dos cedros e dos piñeiros.

    2. Eixe de crecemento limitado e de ramificación polo xeral máis espesa ca a do eixe principal. Aparece nalgunhas algas, por exemplo en moitas rodofíceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Zaragoza (631-651) e escritor. Colaborou con Isidoro de Sevilla na redacción das Etimologiae (Etimoloxías, 637). A súa festa celébrase o 26 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor romanés. Chegou a París no 1930, onde coñeceu os surrealistas, e participou nas súas exposicions ata 1949. As súas imaxes amosan un sincretismo de realidade e fantasía: soños e paisaxes floridas habitadas por homes devorados por flores de poderes máxicos. Entre as súas obras destaca: A experiencia desgraciada (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento literario e musical xurdido en Galicia nos anos 90. A literatura bravú ten a súa orixe no eido da música, no chamado rock bravú. Preséntase como unha análise da modernidade dende posturas ruralistas, por oposición ao urbano, á capital, ao centro. A literatura bravú busca ser un signo de identidade, unha forma de comunicación para a cultura rural ou semiurbana que oscila entre o apego á tradición popular (as verbenas, as feiras, as tascas, etc) e as contribucións da vida moderna. Baixo a etiqueta bravú, o sentimento de marxinalidade transfórmase nunha afirmación de orgullo popular: “Vivimos no cu do mundo pero temos bravura para tronza-lo Universo”. Este modo de sentir, que se proclama coa forza e a paixón do que está sen domesticar, do indómito, maniféstase xa na palabra escollida para denominar a tendencia, que alude ao bravío da carne. A tralla e a arroutada (1995), de Xurxo Souto, constitúe un feito fundacional na medida en que se compón dun conxunto de textos ou tokes que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta eslovaco coñecido co pseudónimo de Ondrej Sládkovič. Pastor evanxélico, pertenceu á escola poética de Ḏ túr. Escribiu Marína (1846) e o poema épico Detvan (1853). En 1939 publicouse unha recompilación dos seus poemas no libro Sobrané básne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Ausburgo, Suabia 1898 - Berlín 1956) Poeta, novelista, autor e director de escena alemán relacionado co expresionismo. Iniciou a súa traxectoria producindo espectáculos de ton grotesco e nihilista como Baal (1918) ou Tambores na noite (1922), que orixinarían fortes polémicas dando mostra da capacidade creadora e da vontade provocadora dun dos máis importantes artistas escénicos do século XX. Traballou como dramaturgo do teatro Kammerspiele de Múnic (1923) e do Deutches Theater (1924). Entre 1924, ano en que se traslada a Berlín, onde colabora con Max Reinhardt e Erwin Piscator, e febreiro de 1933, data en que abandona Alemaña coa súa muller Helene Weigel, Brecht desenvolve unha intensa actividade e formula os principios do que se vai coñecer como teatro épico. Publicou os poemarios Taschenpostille (Sermonario de peto, 1927) e Hauspostille (Sermonario doméstico, 1927). En 1928 estreou Dreigroschenoper (A ópera de a patacón), baseada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto establecido entre os protestantes e os católicos dos Países Baixos, co fin de opoñerse á aplicación, ordenada por Filipe II no 1564, dos editos tridentinos nos Países Baixos. Unha representación de 300 cabaleiros, reunidos en Breda o 2 de abril de 1566, presentáronlle un texto a Margarida de Parma, rexente de Filipe II, no que reclamaban a tolerancia relixiosa e a abolición da Inquisición.

    VER O DETALLE DO TERMO