"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • Peite de púas longas, grosas e raras, que serve para desenlear o cabelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestra e escritora. Exerceu a docencia e fundou e dirixiu varios colexios en Vigo e Pontevedra. Así mesmo, fundou a revista El Ángel del Hogar e foi secretaria en España da revista L’Envolée. De tendencia romántica, empregou o pseudónimo de Margarita del Campo. Da súa produción destaca o poema en galego “Meu Leres” e as obras Lirios (1897), Acuarelas (1905), La quinta de los lagos (1907), Villa Rosalba (1909), El país de las camelias (1910), Cuentos de color amatista (1914), A orillas del Mosa (1920), Cuentos de color de nieve (1926), Memorias de una muñeca (1929) e La secretaria del doctor Misterio (1942). Foi membro da Association Litteraire Française.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Asinou algúns dos seus artigos co pseudónimo Fr Cándido de la Caridad no xornal satírico El Esquilón (1861). Despois de colaborar na redacción de El Alerta (1864-1865) de Pontevedra, dirixiu La Revista (1867-1868) e La Crónica (1872-1873). Publicou: Geografía astronómica, física y política de la provincia de Pontevedra (1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe mariño bentónico do xénero Callionymus, da familia dos calionímidos. De corpo aplanado e sen escamas, presenta unha cabeza grande cun fociño longo, ollos na parte alta, a boca pequena no extremo e as fendeduras branquiais moi pequenas, dispostas en posición dorsal. Caracterízase por acadar un tamaño de ata 30 cm de lonxitude e por posuír un esporón armado de varias espiñas que prolonga o preopérculo cara a atrás. É propio de costas areosas de zonas cálidas e temperadas. Aliméntase principalmente de vermes, moluscos e crustáceos. Nalgunhas especies, no momento da reprodución, os dous sexos nadan, lentamente e estreitamente enlazados, ata a superficie.

    2. Peixe de ata 30 cm de lonxitude, caracterizado por presentar a primeira aleta dorsal con 4 radios espiñentos e a segunda con radios brandos, entre 8 e 10, sen puntos negros na súa membrana. É de cor amarela acastañada e os machos presentan ademais manchas e listas azuis. Está presente, as máis das veces, en fondos de entre 20 e 50 m de profundidade. Distribúese polo Mar Mediterráneo e, no Océano Atlántico, dende Marrocos ata Noruega.

    3. Peixe de ata 14 cm de lonxitude, caracterizado por presentar a segunda aleta dorsal máis alta ca o segundo radio espiñento da primeira aleta dorsal, e con columnas horizontais ou manchas negras -catro no caso dos machos e dous nas femias-. É de cor acastañada clara con puntos negros e prateados. Está presente, as máis das veces, en fondos de entre 70 e 500 m de profundidade. Distribúese no Océano Atlántico, dende o N de África ata Noruega.

    4. Peixe de ata 13 cm de lonxitude, caracterizado por posuír unha segunda aleta dorsal con 10 radios e con puntos negros en columnas horizontais ou verticais. Presenta o dorso de cor laranxa ou acastañada, con manchas máis escuras e o ventre de cor branca. Está presente na zona intermareal ata os 120 m de profundidade. Distribúese dende Portugal ata as Illas Británicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abrir ou separar moito as pernas.

    2. Poñerse coas pernas moi abertas ou ás carranchas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escarvar na terra as aves, especialmente as galiñas, para buscar alimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘ferida’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paíño moi fino rematado en punta que se usa para sacar a comida que queda entre os dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que escarva.

    2. Utensilio empregado para escarvar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Remover a terra de maneira superficial.

    2. Andar de maneira repetida e insistente cos dedos ou con outra cousa no interior de algo, especialmente no nariz, nunha ferida ou nos dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. esmelga.

    2. Fenda ou ferida no casco de certos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • arco escarzano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • escarcavear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adaptar unha obra literaria para a súa representación escénica.

    2. Levar a escena unha obra teatral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reducir a escoura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar o cosco aos cereais.

    2. Sacar a casca verde ás noces.

    VER O DETALLE DO TERMO