"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Construción situada en Santiago de Compostela. Fundado polo arcebispo Francisco Blanco en 1577 para acoller os enfermos de peste, foi obra de Gaspar de Arce e reedificouse no s XVIII. Conserva a capela de nave única e ábsida poligonal. Destaca a portada, estruturada nun arco de medio punto levantado sobre pilastras toscanas e rematada cun frontón triangular baixo o que se abren dúas fornelas coas imaxes dos santos Cosme e Damián. O claustro é dórico e ten catro arcos en cada lado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • INSUAS

    Insua situada no río Miño, que forma o límite O da parroquia de Cela (Outeiro de Rei).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sárdoma (Vigo). Construído no s XVII, ten planta rectangular, próxima ao cadrado, con dúas alturas e remata con ameas. Na fachada destaca unha torre redonda pola que se accede, percorrendo un pasadizo disposto sobre un arco, á capela de San Roque, de planta rectangular. É o lugar de celebración dunha romaría na honra de san Roque, patrón da cidade, o 16 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado por Amadeo I en 1873, co marquesado de Santa Ilduara, a Camilo Feijoo de Sotomayor e Cejo, Marquina e Montes . Trae por armas escudo partido: primeiro, as armas dos Feixoo; e segundo as armas dos Sotomayor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de San Sadurniño, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Ferrol, situado no N da provincia da Coruña e da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 43° 31’ de latitude N e 9° 56’ de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Moeche e Valdoviño (os dous da comarca de Ferrol), ao L co das Somozas (comarca de Ferrol), ao O cos de Neda e Narón (os dous da comarca de Ferrol) e ao S co concello da Capela (comarca do Eume). Abrangue unha superficie de 99,7 km 2 en que acolle unha poboación de 3.123 h (2007), distribuída entre as parroquias de Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraío, San Sadurniño e Santa Mariña do Monte. A capital está no lugar de Avenida do Marqués de Figueroa, na parroquia de San Sadurniño, localizada a 110 km de Santiago de Compostela e a 33 km de Ferrol. Está adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Ferrol.
    Xeografía física
    O espazo físico de San Sadurniño está xerarquizado polo curso de dous ríos que máis adiante xuntan as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Sadurniño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cambados. Antigo faro romano reparado polo bispo Sisnando II no s X como defensa marítima. Destruída durante as Guerras Irmandiñas, reconstruíuse no s XIV e abandonouse no s XVIII. Os restos conservados mostran tres corpos de cantaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Estevesiños (Monterrei). O seu cumio acada os 695 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de El Salvador e do departamento homónimo (467.004 h [1998]). Está situada no val de Las Hamacas, preto do volcán de San Salvador, nunha rexión sísmica. Destaca o comercio de café e azucre. É o principal centro industrial do país con industrias alimentarias, téxtiles, do calzado, do papel e do cemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de El Salvador (886 km2; 1.831.532 h [estim 1997]). A súa capital é San Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Brión baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación do Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Porriño baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rodeiro baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ortigueira baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Jujuy, Arxentina, situada a 80 km ao N de Salta, na vertente oriental do Nevado del Chani (226.961 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Paderne de Allariz baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO