"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
-
Relativo ou pertencente a Montevideo ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Montevideo.
-
-
CIDADES
Cidade da provincia de Québec, situada na illa de Montréal, na confluencia dos ríos Ottawa e San Lourenzo (1.016.376 h [1996]). É a cidade máis grande de Canadá. Esténdese sobre e arredor da masa volcánica do Mont-Royal. É o principal porto do río San Lourenzo, xa que se atopa no extremo da navegación oceánica polo L, e enlazada por unha canle cos Grandes Lagos, ao O. Unha localización favorable e o desenvolvemento dos transportes ferroviarios e marítimos axudaron á formación dun importante núcleo industrial diversificado. A actividade industrial comprende industria pesada, metalurxia de base, maquinaria eléctrica, construción naval e ferroviaria e industria de bens de consumo. Montréal conta coas universidades anglófonas de McGill (1821) e Concordia (1974) e as francófonas de Montréal (1876), Laval (1852) e unha delegación da Universidade de Québec. Fundada en 1642 por colonizadores franceses dirixidos por Paul Chomedey de Maisonneuve ao carón do poboado iroqués de Hochelaga, a súa situación,...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á cidade de Montréal ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Montréal.
-
-
-
Saír mocos polo nariz.
-
Mover a cabeza involuntariamente para adiante e para atrás ou para os lados, cando se está adurmiñado e a cabeza non está apoiada.
-
Mofarse de algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Leandro Fernández de Moratín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional de teatro que creou Celso Parada en Moaña. Os seus espectáculos insírense no xénero da comedia, con textos de carácter social ou de denuncia. Iniciou a súa andaina coa presentación en 1989 de Kartoteka, a partir do texto de Tadeusz Rozewic. Dos seus espectáculos destacan Misterio cómico, dirixido por Julio Cardoso sobre un texto de Darío Fo (1991, Premio Compostela á mellor dirección e ao mellor actor, 1992), Dobermann, de Antón Reixa, dirixido por Quico Cadaval (1993, Premio Compostela ao mellor texto orixinal), O Lazariño de Tormes, dirixido por Andrés Pazos (1997, Premio María Casares á mellor versión, 1998), Os vellos non deben de namorarse, dirixido por Celso Parada (2001), Momo (2002, Premio María Casares ao mellor vestiario) e A gran ilusión, de Eduardo Filippo e dirixido por Celso Parada (2003, Premio María Casares á mellor actriz e ao mellor vestiario, 2004).
-
-
Conxunto de cousas colocadas unhas sobre outras de maneira desordenada, ou cantidade de algo agrupada máis ou menos en forma de montaña.
-
Gran número ou gran cantidade de algo.
-
Grupo de feixes de trigo ou de calquera outro cereal que se fai nas terras, despois da sega.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe angüiliforme de ata 1,5 m de lonxitude, que presenta o corpo serpentiforme, comprimido lateralmente e a cabeza pequena con amplas mandíbulas e fortes dentes. Non presenta escamas nin aletas pectorais e a súa pel é grosa e está cuberta de mucosidade. Ten unha cor castaña con manchas negras e brancas ou amarelas. Aliméntase fundamentalmente de peixes, moluscos e crustáceos. Habita nas fendeduras e nas covas das costas rochosas, a pouca profundidade (de 1 a 100 m).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñeceu Peloponeso desde a Idade Media ata finais do s XIX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñeceu na Idade Media o principado de Acaia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Iannis Papadiamantopoulos.
-
PERSOEIRO
Pintor. Desde 1892 foi profesor na École de Beaux Arts, onde formou os futuros fauvistas. A súa obra estivo influída por E. Delacroix e T. Chassériau, así como polos catrocentistas durante a súa estadía en Italia (1857-1859). Cultivou o simbolismo cuns elementos comúns na súa pintura, como o tema mitolóxico, a morbideza, os escenarios exóticos con decoracións luxosas, a inmobilización dos personaxes segundo o principio que chamou bela inercia, o andróxeno e, na figura feminina, a perfidia. As acuarelas que fixo como preparación para as súas pinturas son tecnicamente moi avanzadas, nun estilo xa tachista. A súa obra influíu moito sobre un simbolismo literario e sobre o surrealismo. Da súa obra destacan Les prétendants (1853), Orfeo (1866), Salomé tatouée (1876), l’Apparition (1876) e Jupiter et Sémélé (1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar francés. En 1794 era xeneral de división. As rivalidades con Napoleón I Bonaparte e as súas boas relacións con C. Pichegru e os realistas valéronlle a deportación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica e teatral. Pertenceu á Comédie Française e ao Théâtre National Populaire de Jean Vilar. Dedicada ao cine, interpretou personaxes sensuais e ás veces misteriosos, só dominados por unha especie de fatalismo. Da súa filmografía destacan La notte (1960), Moderato Cantabile (1960, premio de interpretación en Cannes), Jules et Jim (1962), L’histoire inmortelle (1966), Mrs. Klein (1976), Querelle (1982), Je m’appelle Victor (1992), The Will to Resist (2002) e La contessa di Castiglione (2004). Recibiu o Leone d’Oro (1992), o Premio Donostia (1997), o Goldener Bär (2000) e a Palme d’Or (2003), honoríficos pola súa traxectoria cinematográfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Coñecido como l’Ainé, especializouse na paisaxe de Île-de-France. A súa obra foi un antecedente estético do que foi a escola de Barbizon. Pintou Vue des coteaux de bellevue prise du parc de Saint-Cloud (1785?). O seu irmán, Jean-Michel Moreau (París 1741-1814), coñecido como le Jeune, foi debuxante e gravador, e traballou para o gabinete do rei e ilustrou obras literarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Erupción cutánea que se caracteriza pola aparición de marcas, únicas ou múltiples, brancas, nacaradas, elevadas e redondas, rodeadas dun anel de cor morado característico. É unha forma de esclerodermia circunscrita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
amornar.
-
-
Dar a volta, torcer ou dobrar algunha cousa.
-
Torcerse, ladear ou inclinarse algunha cousa.
-
-
PERSOEIRO
Actriz estadounidense. Coñecida como Janet Leigh, comezou interpretando a rapazas inxenuas en producións da Metro-Goldwyn-Mayer. Participou en diversos musicais e posteriormente en comedias e dramas. Da súa filmografía destacan Little Women (1949), Two Tickets to Broadway (1951), Psycho (1960), The Fog (1980) e A Fate Totally Worse Than Death (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica estadounidense. Coñecida como Marilyn Monroe, a industria cinematográfica de EE UU converteuna no mito erótico da década de 1950, se ben non foi ata máis tarde cando se recoñeceu o seu talento dramático. Interpretou The Asphalt Jungle (1950), Niagara (1953), River of No Return (1954), Bus Stop (1956), Some Like it Hot (1959), Let’s Make Love (1960) e Something’s Got to Give (1962).
VER O DETALLE DO TERMO