2 morea
2 morea
(< lat muraena)
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe angüiliforme de ata 1,5 m de lonxitude, que presenta o corpo serpentiforme, comprimido lateralmente e a cabeza pequena con amplas mandíbulas e fortes dentes. Non presenta escamas nin aletas pectorais e a súa pel é grosa e está cuberta de mucosidade. Ten unha cor castaña con manchas negras e brancas ou amarelas. Aliméntase fundamentalmente de peixes, moluscos e crustáceos. Habita nas fendeduras e nas covas das costas rochosas, a pouca profundidade (de 1 a 100 m).