"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

    1. Facer pasar algo ou a alguén dunha forma a outra.

    2. Converter unha cousa noutra.

    3. olverse algo ou alguén diferente do que era, para tomar outras características.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a virtude de transformar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría biolóxica que explica a aparición de diversas especies a partir de transformacións sucesivas. As especies vexetais e animais transfórmanse noutras a través de sucesivas mutacións, debido á influencia do medio natural. A teoría do transformismo fixo posible a formulación científica do evolucionismo, que se debe a Lamarck e Darwin.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao transformismo

    2. Partidario do transformismo.

    3. Artista que cambia rápida e continuamente os traxes nos seus espectáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido incoloro e case inodoro, moi volátil, miscible cos solventes orgánicos e inmiscible con auga, que ten unha densidade de 1,490. Emprégase como solvente, refrixerante, axente propelente e extintor. OBS: Tamén se denomina freon 11.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se presenta en tres formas ou aspectos distintos.

    2. Aplícase á deusa Diana ou Ártemis que era venerada normalmente no triplo aspecto de Diana, Lúa e Hécate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • trofoblasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos trogoniformes.

    2. Ave da orde dos trogoniformes.

    3. Orde de aves de 25 a 30 cm cos pés heterodáctilos, o peteiro curto, ancho e lixeiramente curvo e a plumaxe brillante. Son insectívoros e fruxívoros, arborícolas e sedentarios. Habitan as selvas e os bosques tropicais de América Central e do Sur, África, India, Malaisia, Borneo e Filipinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico e xenetista. Redescubriu as leis de Mendel sobre a herdanza (1900), creou diversas variedades de híbridos e elaborou a teoría da criptomaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Coñecido como Johannes Aventinus, foi o autor dunha gramática latina e fundador da Solidaritas Litteraria Angilostadensis. Historiador da Corte (1517), redactou os Annales Baiorum, publicados en Alemaña co título de Bayerische Chronik (1526-1533), un tratado sobre filosofía e música que simpatiza con algunhas ideas da Reforma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de composición variable que cristaliza no sistema trigonal. Presenta gran variedade de cores, segundo os elementos que entren a formar parte da súa composición (cuarzo, apatita, mica ou pirita), ten unha dureza de 7-7,5 e peso específico 2,9-3,5. É común nas rochas metamórficas e eruptivas. En Galicia é abondoso, e pode atoparse formando parte doutras rochas (granitos ou pegmatitas) en zonas como o monte Galiñeiro, Tomiño, A Ramallosa, Monteferro ou Goián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Aragua, Venezuela, situada á beira do río Tuy, a 30 km ao SL do lago de Valencia (201.925 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio alemán, situado no NO de Brandenburgo, á esquerda do baixo Oder, con capital en Prenzlau. Predominan os terreos de morenas e os bosques. Antigo hábitat de tribos eslavas e posesión posterior dos duques de Pomerania, en 1250, baixo dominio xermánico, uniuse a Brandenburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista e adestrador. Iniciou a súa carreira profesional en Brasil, xogando no Flamengo, co que gañou unha liga, e no Corinthians. Regresou a España ao Atlético de Madrid (1964-1974), co que gañou tres ligas e dúas copas. Foi internacional en 16 ocasións. Retirouse no Rácing de Santander (1974-1976). En 1997 incorporouse como adestrador á Real Federación Española de Fútbol e acadou dúas Eurocopas coa selección Sub-16 (1999 e 2001) e o subcampionato do mundo Sub-20 (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da pel das enxivas, que provoca a formación de cicatrices.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e crítico alemán. Opúxose ao hegelianismo e ao darwinismo e escribiu Das Grundprinzip der Philosophie (O principio fundamental da filosofía, 1845-1846), Glauben und Wissen (Crer e saber, 1858) e Abhandlungen zur Kunstgeschichte als angewandter Asthetik (Contribución á historia da arte como estética aplicada, 1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • infravermello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo natural que constitúe un sistema litoral formado pola enseada do Grove, a praia da Lanzada, a punta Carreirón e a lagoa de Bodeira. A enseada do Grove presenta extensas chairas intermareais fango-areosas e diversos illotes en que se sitúan importantes colonias de aves mariñas. A lagoa de Bodeira, na península do Grove, é a única lagoa costeira da provincia de Pontevedra. Foi incluído como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Complexo Ons-O Grove na proposta da Rede Natura 2000 en 2001. Ademais foi declarado Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Zona Ramsar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da rexión de Khartún, Sudán, situada na beira esquerda do Nilo (1.271.403 h [1993]). Forma parte da área de Khartún no conxunto chamado Tres Cidades. Foi capital de Sudán desde 1884 ata 1898.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de gancho.

    2. Aplícase ao cuarto óso da segunda fila do carpo. OBS: Tamén se denomina óso ganchudo.

    3. Apófise en forma de gancho da cara anterior do óso unciforme.

    VER O DETALLE DO TERMO