turmalina

turmalina
s f [MINERAL]

Silicato de composición variable que cristaliza no sistema trigonal. Presenta gran variedade de cores, segundo os elementos que entren a formar parte da súa composición (cuarzo, apatita, mica ou pirita), ten unha dureza de 7-7,5 e peso específico 2,9-3,5. É común nas rochas metamórficas e eruptivas. En Galicia é abondoso, e pode atoparse formando parte doutras rochas (granitos ou pegmatitas) en zonas como o monte Galiñeiro, Tomiño, A Ramallosa, Monteferro ou Goián.