Turku

Turku

Capital da provincia de Länsi-Suomi, situada ao SO de Finlandia (173.686 h [estim 2001]). É un porto á entrada do golfo de Botnia e un importante centro industrial e comercial. Fundada no s XIII, foi o centro cultural e comercial de Finlandia ata que en 1827 a capital pasou a Helsinqui.