"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
PERSOEIRO
Militar. En 1932 secundou ao xeneral Sanjurjo e foi desterrado ao Sáhara español. Amnistiado, mandou o primeiro terzo da Legión. Ao remate da Guerra Civil foi gobernador militar de Lugo. En 1943 foi separado do exército e, acusado de empregar soldados e prisioneiros de guerra nas obras do seu pazo de Adai, foi confinado en Albacete e Palencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesora. Foi profesora na Escuela Normal de Madrid e directora da Escola Normal da Coruña. Nas primeiras décadas do s XX desenvolveu un intenso traballo como pedagoga, escritora e conferenciante. Presidiu a sección de socioloxía do Ateneo, colaborou no Álbum artístico literario do século XX e pertenceu á redacción da Gaceta de Instrución Pública. Publicou Aritmética elemental (1986), en colaboración con María de la Rigada, e La mujer como factor indispensable en la lucha social. Recibiu a Cruz de Alfonso XIII e foi académica correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Gabín (Montederramo). O seu cumio acada os 1.603 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Calvos (Calvos de Randín). Ten planta en forma de U. O patio remata cun muro en liña coas paredes das coxías laterais, que forman a fachada principal. Ao longo deste muro e sobre o portal, esténdese a solaina. O escudo alude aos Tejada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cuberta superior dun edificio ou doutra construción feita de tellas. Poder ser dunha ou máis vertentes. As tellas poden estar suxeitas con xeso ou morteiro, ou ben, nos tellados en seco, soltas e sostidas polo seu peso e pola presión do conxunto.
-
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como Corín Tellado, é unha das autoras máis representativas da novela sentimental en España. Publicou máis de 4.000 títulos, dos que destacan Atrevida (1946), a fotonovela Eres una aventurera (1966) e Fin de semana (2005). Recibiu a Medalla de Oro al Mérito en el Trabajo (1998) e a Medalla de Plata de Asturias (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Socorro Tellado López.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colocar tellas ou calquera outro material semellante na cuberta dun edificio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tellado decuberto na parte inferior que está feito sen forro nin argamasa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento librado en Teruel desde o 15 de decembro de 1937 ata o 23 de febreiro de 1938, durante a Guerra Civil Española. Foi iniciada polos republicanos, liderados polo xeneral Vicente Rojo, co fin de evitar un ataque inminente das tropas franquistas a Madrid. As forzas republicanas infiltráronse e cercaron por sorpresa Teruel (entre o 15 e o 16 de decembro), onde entraron o 21 de decembro. Despois de varios intentos, a contraofensiva franquista, liderada polos xenerais Aranda e Varela, conseguiu levantar o cerco de Teruel (entre o 17 e o 23 de febreiro) e facerse coa cidade tras a rendición dos republicanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate disputado preto de Tetuán o 4 de febreiro de 1860 entre o exército expedicionario español, comandado polo xeneral Leopoldo O’Donnell, e as tropas marroquís, durante a Guerra de África. A vitoria española permitiu a ocupación da cidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cuña de madeira que axusta a roda ao eixe do carro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Taboado que cobre unha parte da embarcación e que forma un compartimento cuberto onde se gardan obxectos para protexelos da auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de maleza e terróns que se queiman para logo empregar a súa cinsa como fertilizante.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Níxer (89.623 km2; 1.418.000 h [estim 1990]). A súa capital é Tillaberi (5.270 h [1977]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colocar tillas ao eixe do carro.
-
PERSOEIRO
Político, marqués de Felino. Ao servizo de Filipe V en España (1730-48), foi nomeado ministro dos Borbóns do ducado de Parma (1748-71). Partidario do despotismo ilustrado, impulsou unha política de reformas políticas e sociais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Utensilio para quitar os tapóns de cortiza das botellas, forado por unha espiral de metal que remata en punta, e con dúas pancas nos lados para tirar.
-
-
Peza rectangular de tea que serve para secar o corpo.
-
Tecido con que se fai habitualmente esta tea.
-
-
-
Composición popular alegre e lixeira.
-
Composición destinada á escena que se interpretaba entre os actos dunha comedia e ao final. Anólogo aos ‘intermezzi’ das óperas italianas, foi cultivada durante o s XVIII, sobre todo na corte madrileña, de onde pasou á América latina. Eran composicións para un só solista ou para dous ou tres pesonaxes, con acompañamento instrumental.
-