"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Plaqueta de silicio de dimensións moi pequenas, fixada sobre o micromódulo e que pode ser un elemento activo calquera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Química aplicada á análise de cantidades moi pequenas de materia.

    2. Química aplicada ás reaccións microquímicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á microquímica.

    2. Aplícase ás reaccións que se observan por medio do microscopio ou que se efectúan con cantidades moi pequenas de substancia por medio de aparatos en miniatura (microanálise).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos microquirópteros.

    2. Mamífero da suborde dos microquirópteros.

    3. Suborde de mamíferos, da orde dos quirópteros, caracterizados por ser de pequeno tamaño, ter os molares en cúspide moi aguda e carecer de unlla no segundo dedo. Nesta suborde inclúense 17 familias, todas de dieta insectívora, das que só 3 están representadas na Península Ibérica e Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequenez dos testículos, a miúdo acompañada de esterilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito francés. En 1836 deixou a profesión xornalística para dedicarse á publicación da Bibliothèque universelle du clergé, da que apareceron máis de mil volumes. As súas obras máis coñecidas son Patrologiae Graecae cursus completus e Patrologiae Latinae cursus completus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Voivoda de Valaquia (1593-1601), de Transilvania (1599-1601) e de Moldavia (1600). Reuniu, coa posesión de Transilvania e de Moldavia, toda Romanía. Morreu pola traizón do xeneral imperial Basta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Piragüista. Formado no Club Kayak Tudense, foi 22 veces campión de España. Conseguiu a medalla de bronce na proba de C-2 en 500 m, xunto a Narciso Suárez, nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984) e foi semifinalista na mesma proba nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988) e Barcelona (1992). Recibiu a Medalla de Plata de la Real Orden del Mérito Deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Comezou a súa traxectoria co grupo Itaca Teatro, co que realizou espectáculos como Historia do Zoo (1981) ou Eclipse Total (1984). Na pantalla grande participou nos filmes Las cartas de Alou (1990), Matías, juez de línea (1996) e La vida que te espera (2004); e dentro do ámbito televisivo, a súa experiencia abrangue producións como Pratos combinados, A familia Pita e Hospital Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Traballou para Estanislao I de Polonia en Nancy, onde fixo as portas de Sainte-Catherine e Saint-Stanislas. Foi o primeiro arquitecto de Luís XVII, grazas á protección de María Antonieta, para quen traballou en Versailles. Nos xardíns do Petit Trianon, fixo o teatro, o templo de l´Amour, o Belvédère e o Hameau de la Reina (1782-1784).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Membro dunha milicia recrutada en Catalunya para efectuar misións especiais ou reforzar as tropas regulares.

    2. Individuo que pertencía á milicia foral da provincia de Gipuzkoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Pando Fernández de Pineda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gospodar de Valaquia (1386-1418), fillo de Radu I. Estivo en loita constante contra os turcos e perdeu parte da súa independencia cando Mehmet I ocupou a Dobruxa e o someteu a tributos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Refaixo interior de tea amidonada ou con aros, que usaban as mulleres para proporcionarlle volume á saia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido en 1889 polo Rei Afonso XIII a Manuel de Misa Bertemati, deputado por Cádiz e primeiro conde de Baiona (1875). Trae por armas un escudo cuartelado en cruz: primeiro cuartel, en campo de goles, unha faixa de azul, perfilada de ouro; segundo cuartel, de prata, cun león de goles; terceiro cuartel, de ouro, cun león de goles; e cuarto cuartel, de azul, cunha faixa de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • arsenopirita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mixe-zoque.

    2. Familia de linguas amerindias que falan os pobos mixe e zoque. Esténdense polos estados mexicanos de Oaxaca, Chiapas, Tabasco e Veracruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de África meridional que limita ao N con Tanzania, ao L co Océano Índico, ao S con Swazilandia e a República Sudafricana, ao O con Zimbabwe e Zambia e ao NO con Malawi (799.380 km2; 17.587.000 h [estim 2001]). A capital é Maputo.
    Xeografía física

    O sector N e NL é o máis accidentado, dominado por altiplanos, con altitudes que superan os 2.000 m. Máis ao N está a serra Namúli e o lago Niassa, polo centro do cal pasa o límite NO de estado co territorio de Malawi. O clima presenta unha estación cálida e chuviosa, na época do monzón do norte, e outra fría, que dura de abril a setembro. Os ríos máis importantes son o Zambeze, o Save e o Limpopo. A vexetación predominante ten carácter de sabana con árbores e de selva seca. Hai tamén galerías de bosque húmido.
    Xeografía económica

    A agricultura é a principal ocupación, onde o 4% do territorio está adicado aos cultivos. Os produtos principais son a cana de azucre,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paso marítimo do Océano Índico que separa a illa de Madagascar da costa do SL de África, fronte a Moçambique. A anchura máxima é de 850 km e a mínima de 450 km.

    VER O DETALLE DO TERMO