"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Covelo (Palas de Rei) e Marzán (Monterroso). O seu cumio acada os 706 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ENSEADAS
Espazo natural de 2.700 ha situado no fondo da ría de Vigo limitado polo estreito de Rande. Nel está situada a illa de San Simón e desembocan os ríos Alvendosa, Ponte Nova e Verdugo. Baña as costas dos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. O espazo intermareal forma parte da Rede Natural 2000 desde 2001. Está formado por superficies de lama e areas cubertas por pradarías de algas e uceiras. Faunisticamente destaca a poboación de anátidas e a presenza de limícolas durante os pasos migratorios.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Pequena illa situada na enseada de San Simón, no fondo da ría de Vigo, na parroquia de Cesantes (Redondela). De 250 m de longo e 84 de ancho, é pouco elevada e escarpada no litoral. Orixinariamente eran dúas illas, San Simón e Santo Antonio, que máis tarde se uniron por unha ponte. Pertenceu á orde do Temple desde o s XII ata o s XIV e as súas dependencias foron ocupadas polos franciscanos, que sufriron o saqueo de F. Drake en 1589. En 1598 instaláronse monxes procedentes de San Xoán de Poio que reconstruíron o vello convento. Anos despois regresaron os franciscanos ata que en 1702, despois da Batalla de Rande, o convento foi destruído. Reedificado de novo, permaneceron nel ata que se trasladaron en 1809 a Agrelo. En 1830 aprobouse este emprazamento para usalo como lazareto da cidade de Vigo. Na illa de Santo Antonio estaban os enfermos sen cura e na de San Simón os que poderían curarse. Durante a Guerra Civil e ata 1943 foi cárcere e despois albergue e fogar para orfos de mariñeiros. En...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción que une as illas de San Simón e Santo Antonio no fondo da ría de Vigo, en Cesantes (Redondela). Construída no s XIX en cantaría, ten tres arcos rebaixados e fitos nos accesos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 3 de marzo de 1878 na localidade de Sant Stefano, actual Yesilkoy, preto de Istambul, entre Rusia e Turquía e que puxo fin ás Guerras Ruso-turcas (1877-1878). Romanía, Serbia e Montenegro acadaron a soberanía propia e Bosnia-Herzegovina a autonomía. Paralelamente, Rusia organizou a Gran Bulgaria. A hexemonía rusa nos Balcáns motivou a convocatoria do Congreso de Berlín (1878) por parte das potencias occidentais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilanova de Santiso (Malpica de Bergantiños). Ten planta en forma de T con dúas alturas. Os muros son de cachotaría e os ocos están encintados en cantaría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Mabegondo (Abegondo). Construída no s XVII por Diego de Quiroga Reimóndez, está composta por un corpo principal flanqueado por dúas torres cadradas. Está realizada en cachotaría de granito, con cantaría nas esquinas. Na fachada principal atópase, sobre o balcón central, o escudo dos Quiroga e dos Reimóndez.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Farnadeiros (Muíños). O seu cumio acada os 1.071 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cartelle baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga parroquia do concello de Cambados, hoxe integrada na parroquia de Cambados.
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Tomé.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vila de Cruces baixo a advocación de san Tomé.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Marín que pertencía á igrexa de Santiago de Compostela.
-