"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • CAPITAIS

    Capital do distrito de Kandy, Sri Lanka (110.049 h [2001]). As principais actividades económicas son as relacionadas co mercado agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Sri Lanka (1.940 km2; 1.272.463 h [2001]). A súa capital é Kandy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Aleksandr Oles’, foi demócrata e nacionalista e cantou a liberación do seu pobo. Algúns dos seus poemas foron incorporados ao cancioneiro popular ucraíno. Da súa produción destacan Poeziï (Versos, 1901, 1911) e Čužinoju (En terra estraña, 1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romanés. Participou en Cluj nunha revista para nenos. Na súa obra enlaza formas tradicionais con elementos modernos, como en Harmat a csillagon (Rosada sobre a estrela, 1964), Kikapcsolódás (Relaxación, 1966), Függöleges lovak (Cabalos verticais, 1968) e Szürkület (Crepúsculo, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast´ homónima, Kazakhstán (436.900 h [1999]). É o centro dunha conca hulleira, o que fai que a súa economía estea baseada na industria extractiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast´ de Kazakhstán (428.000 km2; 1.411.401 h [1999]). A súa capital é Karaganda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político grego. Foi primeiro ministro entre 1955-1963 e, tras un período de exilio en París, regresou a Grecia en 1974 ocupando novamente o cargo de primeiro ministro (1974-1980) e o de presidente da República (1980-1985; 1990-1995). Preocupouse pola restauración do sistema democrático e pola integración de Grecia no panorama europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Autor de O mendigo (1899), de carácter popular, e da obra realista O arqueólogo (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo máis occidental da Península Calcídica, na rexión de Macedonia, Grecia, proxectado cara ao Mar Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Nepal, situada no centro do país, preto da confluencia dos ríos Bāghmati e Vishnumati (696.852 [2001]). A aglomeración abrangue tamén as cidades de Bhaktapur e Patan. É o centro administrativo e comercial do país, onde se concentran a maior parte das instalacións industriais nepalís. Centro relixioso budista, conserva numerosos santuarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego. Escribiu unha obra poética de extensión limitada e única na súa totalidade, na que revelaba o seu sentimento tráxico ante a vida, coa excepción da evocación dos amores prohibidos e da vontade que ofrecen. Inspirados nunha lectura e nunha reflexión constante da historia, os seus poemas nunca foron recollidos en libro. En 1935, en edición póstuma, publicáronse uns 154, dentro do corpus que o autor destinou á súa publicación. Posteriormente, editáronse en 1963 algúns artigos en prosa e, en 1968, uns 75 poemas novos que o autor desaconsellara difundir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome bantú do río Cuang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Viviu, de neno, a insurrección de Creta contra os turcos. Casou coa escritora Galatia Alexiu (1911) e interveu en política (1919). Amosou sempre paixón polo home e os seus condicionantes, e tentou conciliar cristianismo, paganismo e budismo co comunismo, anarquismo e ascetismo. As súas dúbidas e contradicións reflíctense na súa obra, composta por novelas, como Zorba, o Grego; traducións, como A divina comedia; libros de viaxes, obras filosóficas e o poema “Odissea”, continuación da epopea homónima de Homero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Líder do Partido Socialista Revolucionario, foi deputado da Duma (1912). Apoiou a Revolución de Febreiro de 1917, trala que foi nomeado ministro de Xustiza e ministro da Guerra, cargos desde os que instituíu as liberdades básicas en Rusia e dirixiu a fracasada “ofensiva Kerenskij” fronte a Alemaña. Desde xullo fíxose cargo do goberno provisional como primeiro ministro ata a Revolución de Outubro, que lles deu o poder aos bolxeviques. Exiliouse en París ata que, co estoupido da Segunda Guerra Mundial, se instalou en EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Residiu en París (1925-1936), onde entrou en contacto con Montparnasse e outros moitos artistas. Ademais de traballar para diversas revistas internacionais de prensa en París e Nova York, iniciou a Robert Capa, Cartier-Bresson e Brassai na fotografía poética urbana. Creador da serie Distorsións (1933), expuxo a súa obra no MOMA de Nova York e na Biblioteca Nacional de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no estado de Madhya Pradesh, India (145.111 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático ruso. Estudiou e foi profesor na Universidade de Moscova. Con Kolmogorov é considerado un dos fundadores da escola de Moscova relativa á teoría de probabilidades. Estudiou tamén con N. Luzin a teoría de funcións, xeneralizou a integral de Denjoy e estableceu a teoría xeral dos procesos aleatorios estacionarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Stavanger 1849 - Mons 1906) Escritor noruegués. Trátase dun dos autores satíricos máis destacados da literatura norueguesa, tal e como reflectiu en Garman og Worse (1881), Else (1882) e Fortuna (1884).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Australia, pertencente ao estado de Tasmania, situada na entrada O do estreito de Bass.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banda de deformación nun cristal ou nunha rocha laminada na que a orientación cambia a causa do escorregamento entre planos paralelos.

    VER O DETALLE DO TERMO