Kerenskij, Aleksandr F’odorovič
Kerenskij, Aleksandr F’odorovič
Político ruso. Líder do Partido Socialista Revolucionario, foi deputado da Duma (1912). Apoiou a Revolución de Febreiro de 1917, trala que foi nomeado ministro de Xustiza e ministro da Guerra, cargos desde os que instituíu as liberdades básicas en Rusia e dirixiu a fracasada “ofensiva Kerenskij” fronte a Alemaña. Desde xullo fíxose cargo do goberno provisional como primeiro ministro ata a Revolución de Outubro, que lles deu o poder aos bolxeviques. Exiliouse en París ata que, co estoupido da Segunda Guerra Mundial, se instalou en EE UU.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Simbirsk, actual Uljanovsk -
Deceso
Lugar : Nova York