"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen secuestra.
-
-
Aplícase á substancia que é empregada como antiincrustante por mor da súa capacidade para impedir a precipitación das sales cálcicas ou magnésicas.
-
Reactivo pertencente a unha grande variedade de tipos funcionais, que teñen a propiedade de formar complexos definidos e solubles, de grande estabilidade, con diversos catións metálicos, secuestrándoos do contorno que os contén. Os axentes secuestrantes son reactivos quelantes e teñen aplicación en análise química (EDTA; oxina). Os axentes secuestrantes teñen un gran número de aplicacións industriais, entre as que hai que mencionar a suavización de augas duras, como tamén a prevención da oxidación de diferentes materiais.
-
-
-
Reter a autoridade competente, de forma provisional, determinados bens, especialmente publicacións.
-
Reter algo ou a algúen, esixindo cartos ou outras condicións para o seu rescate.
-
-
-
Acción e efecto de secuestrar.
-
Parte morta dun tecido, especialmente óseo, que queda encravado no tecido san e máis ou menos separado deste polo proceso de inflamación eliminatoria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Seiró (Vilar de Barrio).
-
-
Que ten lugar cada semestre.
-
Que dura un semestre.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período de seis meses.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución científico-cultural fundada en outubro de 1923 por nove estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, que aglutinou a profesores e alumnos universitarios, intelectuais do galeguismo e a distintos cenáculos da erudición local. Nos seus doce anos de vida activa (1923-1936), estruturouse en 12 seccións que abarcaban os principais campos das ciencias e das letras da época, abordou case todas as manifestacións da cultura galega, atendeu á formación de investigadores e á divulgación científica, e introduciu un novo método de traballo, en equipos interdisciplinares. Como mostran as súas publicacións, centrou a maior parte das súas actividades nas seccións de Historia, Prehistoria, Arqueoloxía e Historia da Arte e Etnografía e Folclore, e foi a única institución que levou a cabo dun xeito continuado en Galicia investigacións nestas disciplinas, e colaborou, ademais, coas institucións científico-culturais máis renovadoras da España da época. Encheu o baleiro investigador naquelas...
-
-
Momento despois do mediodía en que a calor é máis intensa.
-
Sono que se dorme normalmente despois de xantar.
-
Tempo que dura ese descanso.
-
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Bizkaia, Euskadi, situado na ribeira esquerda da desembocadura do Nerbión (31.773 h [2001]). É un centro industrial de construción naval, siderurxia, cemento e química ao NO de Bilbao.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Bulso (Sober). O seu cumio acada os 714 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Siador (Silleda). Ten planta rectangular con baixo e piso. Nunha das esquinas atópase unha torre que comunica coa porta de entrada e coa capela do s XVIII por medio dunha galería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga moeda romana que valía un cuarto de denario, que primeiro equivalía a dous ases e medio e despois a catro.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Pradorramisquedo (Viana do Bolo) no límite coa provincia de Zamora. O seu cumio acada os 1.505 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Seoane (A Veiga), no límite coa provincia de Zamora, na Serra Calva. O seu cumio acada os 1.755 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Escritor. Integrante da Xeración do 36, estudou dereito na universidade compostelá e participou na fundación do Partido Galeguista e das revistas Acción e Cristal. Emigrou a Venezuela, onde exerceu como profesor de artes plásticas. Colaborador das revistas Logos e Spes, ilustrou diversos libros, como Nao senlleira (1933), de Bouza Brey, El Libro de Santiago (1948), de Filgueira Valverde, e Da estrela e da fouce (1967), de Sesto Novás. É autor do poemario A lúa está ehí (1972), do opúsculo Pranto a Chariño (1975) e dun Refraneiro da muller (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta, arquitecto e político. Integrante do grupo dos Novísimos, participou no movemento estético socialrealista da década de 1960, aínda que co tempo a súa obra foi adquirindo trazos máis persoais. Emigrado a Venezuela (1962), exerceu como catedrático de Deseño Arquitectónico da Universidad Central de Caracas e cofundou o grupo de esquerda “La Causa R” (1971), co que participou activamente na política dese país, e foi nomeado ministro de Cultura da República Bolivariana de Venezuela (2004). Dos seus deseños arquitectónicos destacan o Instituto de Cultura de Maracaibo, o Teatro de Danzas de Venezuela ou a Plaza del Bicentenario. É autor de Da estrela e da fouce (1967) e UPGpoemas (1973), escritos e difundidos na clandestinidade; Porta aberta (1976), Por unha muller (1976), de carácter amoroso; Isolda. Porta Aberta (1990), La más nueva poesía de Venezuela (1981), unha falsa escolma escrita por el mesmo en castelán; Arte poética. Poema...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Milán, Lombardia, Italia (75.421 h [2001]). É un centro industrial do sector nororiental da área metropolitana de Milán, da que dista uns 9 km. A principal rama industrial é a de fundición de aceiro.
VER O DETALLE DO TERMO