"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Acción e efecto de uniformar ou uniformarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que uniforma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer uniforme unha cousa.

    2. estir a alguén con uniforme.

    3. Facerse algo uniforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non varía.

    2. Aplícase a dúas cousas que teñen a mesma forma.

    3. estido específico e distintivo dalgúns corpos sociais.

      1. Aplícase á propiedade de estar ben definido.

      2. continuidade uniforme

        Propiedade dunha función real segundo a cal, para valores próximos da variable independente, a oscilación da función faise tan pequena como se queira.

      3. converxencia uniforme de funcións

        Propiedade pola cal a diferenza entre cada función dunha sucesión de funcións e a función límite faise tan pequena como se queira, a partir dun certo lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de uniforme.

    2. Relación entre o valor mínimo e o valor medio da iluminación que incide sobre unha superficie determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia a uniformar.

    2. Predominio da uniformidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de leis votadas polo Parliament británico, destinadas a fixar as normas do culto anglicano. Destacaron a de 1662, que impuxo o uso do Book of Common Prayer, e a de 1872, coñecida por Shortened Services Act, que permitía certas omisións que acurtaban considerablemente os oficios da mañá e da tardiña nas parroquias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer uniforme unha cousa.

    2. estir a alguén con uniforme.

    3. Facerse algo uniforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo militar instaurado por decreto do conde-duque de Olivares o 25 de xullo de 1626. A súa finalidade era a de facer contribuír a todos os reinos da monarquía hispánica no mantemento en pé de guerra dun exército común de 140.000 homes, achegados e mantidos segundo unha proporción fixa. O proxecto foi rexeitado en varias ocasións nas Cortes de Barcelona (1626, 1632, 1635 e 1639-1640), polo que nunca se fixo efectivo, e coa caída de Olivares (1643) quedou esquecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista austríaco. Profesor das universidades de Tübingen e de Colonia, especializouse en lingüística indoeuropea (Die venetischen Personennamen, 1961, Trümmersprachen, 1980) e estudou principalmente as linguas prerrománicas hispánicas, con obras coo Sprachräume und Sprachbewegungen im vorrömischen Hispanien (1961) e Monumenta Linguarum Hispanicarum (1975-1980-1990-1997). Tamén publicou Einführung in die Sprache Homers (1987). Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘buscar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ostān de Acerbaixán Occidental, Irán (435.200 h [1996]). Antiga Reza’iyeh, é un centro agrícola dunha chaira fértil, cerca do lago homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago do NO de Irán, situado cerca da cidade de Urmia. Ocupa unha depresión pechada a 122 m sobre o nivel do mar. A superficie varía segundo as estacións do ano de 4.500 km2 a 6.000 km2 e acada unha profundidade máxima de 14 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, político e economista. Foi conselleiro económico de Filipe V, a quen apoiou durante a Guerra de Sucesión Española e que o nomeou cabaleiro da orde de Santiago. Ministro da Xunta de Comercio e Moeda (1830) e secretario do rei no Consello e na Cámara de Indias, publicou Theórica y práctica de comercio y de marina (1824).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, pai de Ramón del Valle-Inclán. Secretario do Goberno Civil de Pontevedra, relacionouse con diversos intelectuais do Rexurdimento. Afín ás doutrinas de Montero Ríos, nos seus artigos amosouse como un hábil polemista. Colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, La Opinión Pública e El Progreso, e fundou La Voz de Arosa. Foi membro correspondente da Real Academia de Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado no sector NO da illa de La Gomera (2.798 h [2001]). Dedicado principalmente á agricultura, ten industria alimentaria e destaca a pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Estudou as ecuacións cúbicas e cuadráticas e elaborou, xunto con Lagrande, métodos para resolver ecuacións. Son especialmente importantes os seus estudos sobre os determinantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi deputado do Parlamento de Galicia (1985-1986) e deputado por Lugo no Congreso (1986-1996) polo PSdeG-PSOE e vicepresidente segundo da Comisión de Xustiza (1996-1998). Foi concelleiro (1983-1987) e tenente de alcalde (1979-1983 e 1987-1991) do Concello de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Artista impresionista, a súa obra destacou polo intimismo, o dominio do debuxo, e os retratos realizados en tons ocres. Pintou Estudio, Doñana e Marina. Recibiu a medalla de bronce da Exposición Nacional de Bellas Artes (1948) e a de ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO