Uniformity, Act of
Uniformity, Act of
Conxunto de leis votadas polo Parliament británico, destinadas a fixar as normas do culto anglicano. Destacaron a de 1662, que impuxo o uso do Book of Common Prayer, e a de 1872, coñecida por Shortened Services Act, que permitía certas omisións que acurtaban considerablemente os oficios da mañá e da tardiña nas parroquias.