"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo multilateral asinado en París o 27 de agosto de 1928 polo que se renunciaba ao recurso da guerra como medio para resolver os conflitos internacionais. Asinado polos representantes de 15 nacións, conseguiu a adhesión doutros 54 estados ata finais de 1929. O documento foi promovido e elaborado polo secretario de Estado para Asuntos Exteriores de EE UU, Frank Billings Kellog, e polo ministro de Asuntos Exteriores francés, Aristide Briand. O pacto non cumpriu os obxectivos previstos, dado que non conseguiu evitar os conflitos que se sucederon na década dos trinta e que culminaron co descrédito total tralo estoupido da Segunda Guerra Mundial.
-
FAMILIAS
Familia de artistas de circo italianos. Destacan os pallasos Alex e Rico, casados con María e Emilia Alegría, respectivamente, fillas dos fundadores do circo Alegría.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Barbados, preto da badía de Carlisle, no S da illa (6.700 h [1990]). É o principal centro comercial do país, ademais de núcleo industrial dedicado á transformación dos produtos agropecuarios, fundamentalmente da cana de azucre (refinerías de azucre e destilerías de ron). Tamén é centro de ensino superior, sede da University of the West Indies. A cidade foi fundada polos ingleses no 1627, pouco despois de apoderarse da illa. Escala das viaxes trasatlánticas, converteuse na residencia do Gobernador británico das Indias Occidentais, territorio colonial que incluía as illas do arquipélago das Antillas (Barbados, Granada, San Vicente, Santa Lucía, Tobago e Trinidad). Aínda que coa descolonización perdeu esa condición capitalina das posesións antillanas británicas, conservou ese carácter no seu estado e tamén a función portuaria, reconvertida en gran medida cara ao sector turístico. Nos seus arredores, a 18 km, está situado o aeroporto internacional de Barbados.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do Condado de East Sussex, no SL Inglaterra, Reino Unido, preto do Canal da Mancha (156.124 h [1996]). Antigo porto pesqueiro que, co gallo da construción do ferrocarril que o uniu con Londres (1841), se converteu nun importante centro residencial estival para as familias da alta burguesía industrial e comercial. Esta tradición hostaleira soubo diversificarse e especializarse na organización de congresos e na atención da demanda de aprendizaxe da lingua inglesa. É tamén un centro de ensino superior, sede da Brighton Polytechnic, escola de enxeñería fundada en 1970.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Etnólogo e arqueólogo norteamericano. Foi un dos principais iniciadores da etnoloxía en EE UU. Estudiou a lingua e as tradicións dos indios de América do Norte e América Central. Publicou entre outras, The Maya Chronicles (Crónicas dos maias, 1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás briófitas.
-
Planta da división das briófitas.
-
División de plantas que engloba as clases das hepatópsidas ou hepáticas, das briópsidas ou mofos e das antocerotópsidas ou antocerotas.
-
-
GALICIA
Pintor. Formouse na Academia de Bellas Artes de Salamanca, rematando os seus estudios en 1986. De carácter expresionista, participou en diversas exposicións individuais e colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación coruñesa de vida fugaz. Naceu e desapareceu no mesmo ano, en 1900, cando o cardeal arcebispo de Compostela prohibiu a súa lectura.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Antigo pano groso de la que se fabricaba orixinariamente na cidade inglesa de Bristol.
-
Especie de cartolina composta de varias follas de papel superpostas e adheridas entre si.
-
Papel de debuxo.
-
-
CAPITAIS
Capital do condado de Avon, Inglaterra, na confluencia do río Avon e o Froom (399.300 h [estim 1983]). Bristol é un núcleo industrial activo e un porto de gran tráfico. Entre os produtos chegados de ultramar o trigo e o petróleo son os de maior importancia. Na actividade industrial destaca a construción aeronáutica, estaleiros, metalurxia do estaño, industrias alimentarias (chocolate, azucre, cervexa) e fábricas de calzado e papel. Destaca a sala capitular da súa catedral (s XII-XIII). Cidade nacida na época romana, o comercio da la situouna entre as máis importantes poboacións medievais de Inglaterra. Nos ss XIII e XIV o intercambio colonial estendeu considerablemente a súa rede comercial; á vez, produciuse un desenvolvemento cultural que culminou na súa adhesión á Reforma (s XVI). O comercio colonial proseguiu a súa expansión no s XVIII, pero no XIX Bristol iniciou a decadencia a causa da abolición da escravitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GOLFOS
Golfo de Gran Bretaña, no Océano Atlántico, entre o sur de Gales e o condado de Devon, Inglaterra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa británica de construción de automóbiles, camións, motores diesel, enxeños marítimos e industriais e maquinaria diversa, fundada no 1952 baixo o nome de British Motor Corporation, que cambiou no 1966 -ó fusionarse coa Austin Motor Company Limited, a Jaguar Cars Limited e a Morris Motor Limited- polo de British Motor Holdings Limited. No 1968 tomou o actual nome ao fusionarse coa Leyland Motor Corporation. En 1974 o estado tomou o control da empresa, que foi reestruturada no 1979 debido á forte crise do sector.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo industrial británico dedicado á fabricación de automóbiles, camións e motores de combustión interna formado no ano 1952 pola unión da Austin Motor Corporation e da Nuffield Organization e que, polas fusións do 1966 e 1968, deu lugar á British Leyland Motor Corporation. Fabricaba os automóbiles de turismo das marcas Austin e Morris (populares) e Wolseley e Vanden Plas (de luxo), os automóbiles deportivos Riley, MG e Austin-Healey, as furgonetas Austin, Morris e BMC, as camionetas e os camións BMC e o tractor Austin-Minatic.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa inglesa fundada en Londres no 1902. No 1967 absorbeu a Yardley and Company Limited. Dispón de filiais e sucursais no Reino Unido, en Canadá, en Australia, en Chile, etc. Entre as súas marcas de tabaco están Benson and Hedges e Senior Service.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda de Portugal que emparentou con ilustres familias lusitanas e castelás. Unha das ramas pasou a Galicia, establecéndose no Val Miñor (Nigrán), en Tui e en Ponteareas. As súas armas levan escudo axadrezado de goles e prata; as nove lousas deste metal cargadas con leóns rampantes, de goles. A casa de Tui trae no seu escudo oito leóns, postos en dous paos, sobre un campo axadrezado. A casa do Val Miñor leva, en campo de prata, nove leóns rampantes de goles, postos en tres paos, de tres cada un.
-
PERSOEIRO
Historiador e monxe cisterciense. En 1606 foi nomeado cronista da súa orde e, en 1616, cronista maior de Portugal. Iniciou a publicación da monarquía lusitana (1597-1609), que se aproxima ao estilo das novelas de cabalería.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Compilou a História trágico-marítima (1735-1736), conxunto de folletos impresos ou manuscritos referentes a naufraxios ocorridos a mediados do s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade cretense feminina. Fuxindo de Minos, lanzouse ao mar e foi salvada por unha rede de pescadores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga diocese de Galicia que aparece xa no Parrochiale Suevum ou Divisio Theodomiri e que foi destruída trala invasión musulmana. As igrexas situadas en territorio asturiano foron incluídas na diocese de Oviedo e as situadas en territorio galego na Britoniense ou Dumiense, posteriormente diocese de Mondoñedo.
-
-
Relativo ou pertencente aos britónicos ou ao britónico.
-
Individuo do pobo britónico.
-
Pobo celta establecido en Gran Bretaña dende o primeiro milenio ata o s I a C.
-
Póla do céltico representada polo galés ou cámbrico, o córnico, o bretón e o picto.
-