"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1185 1211), fillo de Afonso I Henriques. Asinou un tratado cos casteláns e aragoneses (1197), que tivo como consecuencia unha penetración portuguesa en terras do Reino de León, en Tui e Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de León e de Galicia (956-958; 960-966), fillo de Ramiro II e Urraca. Sucedeu ao seu irmán Ordoño III. O seu reinado caracterizouse polas loitas coa nobreza que buscou a axuda de Fernán González, conde de Castela, para depoñelo do trono e entronizar o seu irmán Ordoño IV en 958. Coa axuda dos navarros e os sarracenos recuperou o trono en 960. Enfrontouse, coa axuda de Castela, Navarra e Barcelona, a al- Ḥ akam II de Córdoba, que o derrotou en San Esteban de Gormaz e tivo que firmar unha tregua. Ao final do seu reinado fixo fronte á rebelión de Galicia e foi envelenado polo conde Gonzalo, xefe da revolta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Galicia (926-929), fillo de Ordoño II e de Elvira. Á morte do seu tío Froila II non recoñeceu a Afonso Froilaz (924-925) e, coa axuda do Rei Sancho I de Pamplona, apartouno do trono. Recibiu o Reino de Galicia e o seu irmán Afonso o de León (Afonso IV). Á súa morte o reino incorporouse ao de León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pamplona e conde de Aragón (Sancho I; 970-994), fillo e sucesor de García III de Pamplona e da condesa Andregoto de Aragón. Herdou Pamplona do seu pai e Aragón da súa nai, mentres que o seu medio irmán, Ramiro, recibiu o territorio de Viguera co título de rei, aínda que tivo que recoñecer a súa superior autoridade. Aliado cos casteláns e leones contra os sarracenos, saíu derrotado en San Esteban de Gormaz (975). Fixo construír os mosteiros de San Andrés de Cirueña (972) e de San Millán de Suso. Sucedeuno o seu fillo García III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1223-1245), fillo de Afonso II e de Urraca de Castela. O seu reinado caracterizouse pola preponderancia que acadaron os favoritos. Incapaz de impoñerse ao poder crecente da oligarquía, foi deposto por unha asemblea de nobres e clérigos, que entregou a coroa ao seu irmán, o infante Afonso (Afonso III de Portugal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Castela (1065-1072) e de León (1072), fillo de Fernando I de Castela e de Sancha I de León e Galicia. Ao dividir Fernando I os seus estados (1064), recibiu Castela e as parias de Zaragoza. Intentou reunificar os dominios paternos e recuperou as terras castelás ocupadas por Navarra (1067). Aliouse co seu irmán Afonso VI de León e enfrontáronse ao outro irmán, García I de Galicia, e repartíronse o reino. Non obstante, venceu a Afonso VI en Golpejera (1072) e proclamouse rei de León. As intrigas da súa irmá Urraca, gobernadora de Zamora, provocaron unha rebelión que acabou coa súa morte. Morreu sen descendencia e sucedeuno o seu irmán Afonso VI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Castela (1157-1158), fillo de Afonso VII e de Berenguela de Barcelona. Asistiu ás negociacións do seu pai con Ramón Berenguer IV (1151) en Tudellén. Proclamado rei de Castela, asinou co seu irmán Fernando II o Tratado de Sahagún (1158), polo cal se comprometía a manter a separación política de León e Castela. Para defender o seu reino dos ataques dos almohades, colaborou na creación da orde de Calatrava (1158).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pamplona (1000-1035) e conde de Aragón (Sancho II; 1000-1035), de Ribagorza (Sancho I; 1017-1035) e de Castela (Sancho II; 1029-1035), fillo e sucesor de García III. Casou con Munia, chamada tamén Maior, herdeira dos condados de Castela e Ribagorza. Aproveitou a morte do conde Guillerme II de Ribagorza (1017) para apoderarse de Sobrarbe, a parte central de Ribagorza (1017-1018) e do resto do condado (1025?). Cando Sancho I de Castela foi asasinado polos Vela en León (1029), fixo valer os dereitos da súa muller e ocupou Castela. Reivindicando as terras situadas entre os ríos Pisuerga e Cea, loitou contra o novo rei leonés Vermudo III e ocupou León (1034), Zamora e Astorga. Introduciu a regra beneditina nos mosteiros das súas terras e a teoría sobre a orixe divina da potestade real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1054-1076), fillo e sucesor de García V e de Estevaíña de Bigorra. Proclamado rei despois da Batalla de Atapuerca, tivo que xurar vasalaxe a Fernando I de León e Castela. Coa axuda de Sancho I de Aragón, loitou contra Sancho II de Castela na chamada Guerra dos Tres Sanchos (1067). Ao someter a al-Muqtadir de Zaragoza, provocou a intervención de Afonso VI de Castela, aliado do zaragozano, que invadiu La Rioja (1074). Vítima dunha conxura dirixida polos seus irmáns Ramón e Ermesinda, morreu asasinado, e Sancho I de Aragón converteuse en rei de Navarra (Sancho V).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Castela e León (1284-1295), fillo de Afonso X e de Violante de Aragón. Casou (1282) con María Afonso de Meneses, a futura María de Molina. Morto Afonso X, proclamouse rei en Toledo. Desautorizou a política filofrancesa do seu privado García Gómez e encomendou os asuntos de estado a Lopo IV, señor de Biscaia, de tendencias proaragonesas. Indisposto por este motivo coa nobreza, fixo asasinar a Lopo IV (1288) e, polo Acordo de Lyon (1288), comprometeuse a axudar a Filipe IV de Francia contra Aragón. Este tratado ocasionou a ruptura de relacións con Afonso III de Aragón, e o inicio da guerra entre ambos os dous reinos. Morto Afonso III, asinou con Xaime II de Aragón a Concordia de Monteagudo (1291).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da novela de Miguel de Cervantes El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha. Escudeiro e compañeiro inseparable do cabaleiro, seguirao fielmente ao longo de toda a obra. Cómpre falar da complementariedade de ambos os dous personaxes, onde un, elegante e refinado, representa o idealista, e o outro, Sancho Panza, un campesino en aparencia rudo e vulgar, asume o papel de personaxe realista, que en numerosas ocasións tenta facer entrar en razón a Don Quixote.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Doutor en Ciencias pola Universidad Complutense de Madrid (1965) e catedrático de Óptica e Estrutura da Materia desde 1983. Conselleiro nacional do Sindicato Español Universitario (SEU, 1962-1964), foi conselleiro nacional de Educación (1972-1974), director xeral de Radiodifusión y Televisión (1974-1975) e de Política Interior (1977-1978) e subsecretario do ministerio do Interior (1978-1979). Promoveu a Federación Social Independente que se disolveu ao crearse UCD. Foi ministro de Obras Públicas e Urbanismo (1979-1981) e de Traballo, Sanidade e Seguridade Social (1981) e deputado por Pontevedra por UCD (1977-1978; 1982-1986) e por Coalición Popular (1986-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador probablemente galego. Desenvolveu a súa actividade poética entre finais do s XIII e principios do XIV. Consérvanse seis cantigas da súa autoría, cinco de amigo e unha de amor. As súas obras aparecen no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Vaticana, situadas ao final dunha serie de trobadores-clérigos, no medio da sección das cantigas de amigo. Nas súas composicións obsérvase certo convencionalismo temático e formal. A súa cantiga de amor “Muyt’ atendi eu ben da mha senhor” é unha cantiga de refrán que respecta os códigos da cantiga de amor. As cinco cantigas de amigo caracterízanse pola presenza de refrán, e delas destacan “Amiga, do meu amigo” en que salienta o motivo da chanson de change e a cantiga de romaría “En outro dia, en San Salvador”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sancho I de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1150-1194, fillo e sucesor de García VI e de Margarida. Os seus conflitos con Aragón e Castela iniciáronse a raíz do Tratado de Tudellén (1151), no cal Ramón Berenguer IV e Afonso VII de Castela acordaron repartirse o reino navarro. Xestionou o matrimonio da súa irmá Branca co infante castelán Sancho (futuro Sancho III) e asinou a paz con Castela (Soria 1153), pero os conflitos fronteirizos continuaron e os casteláns obtiveron La Rioja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1194-1234), fillo de Sancho VI e de Sancha, filla de Afonso VII de Castela. Pactou cos leoneses e os almohades contra Castela e tivo que facer fronte á alianza de Castela e Aragón contra Navarra (Calatayud, 1198). Reconciliado cos dous reinos, participou na cruzada contra os almohades que culminou na Batalla de Las Navas de Tolosa (1212).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén do latín sanctius, forma comparativa ou xentilicia de sanctus ‘máis santo’ ou ‘pertencente ou relativo a sanctus’. Nome moi frecuente na Idade Media, deu lugar ao apelido Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento entre Sancho II de Castela, Sancho IV de Navarra e Sancho I de Aragón que tivo lugar entre 1065 e 1067, que se iniciou cando o rei castelán invadiu os montes de Oca e Bureba e conquistou Viana nun intento de recuperar os límites do Reino de Castela. O rei aragonés apoiou ao navarro e Sancho II de Castela foi vencido en Viana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do hsien de Taipei, Taiwán (380.084 h [2000]). Situada ao O de Taipei, é un suburbio residencial.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Autorización ou aprobación que se dá a un acto, un uso ou un costume.

      2. Acto polo cal a autoridade competente, como o soberano dun país ou o presidente dunha república, ratifica e fai válida unha disposición legal. En España, omítese este requisito formal nas leis autonómicas.

      3. sanción parlamentaria /

        Acto polo cal o parlamento confirma unha decisión tomada polo goberno.

      1. Castigo que provén dunha acción mal feita.

      2. Pena que a lei impón a quen a infrinxe ou medio polo que se obriga ao cumprimento do ordenamento xurídico. Adoita consistir na privación da liberdade ou na imposición do pago dunha determinada cantidade, aínda que nalgúns supostos tamén pode implicar a perda dun ben ou dun dereito.

      3. Cada unha das medidas políticas, económicas e militares que algúns organismos internacionais ou ben algúns grupos de estados impoñen a un estado porque o consideran agresor contra outro estado ou violador dos dereitos humanos.

      4. sanción económica

        Sanción que implica o pago dunha determinada cantidade de diñeiro, en concepto de desagravio, aos afectados ou como escarmento, a través da administración, como consecuencia do incumprimento das condicións esixibles a determinados produtos ou servizos.

      5. sanción económica

        Cada unha das medidas de política económica, efectuadas por un ou varios estados, contra outro, para forzalo a modificar unha política que afecta as relacións internacionais ou os dereitos humanos.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO