Sancho II de Pamplona ou Sancho II Garcés Abarca

Sancho II de Pamplona ou Sancho II Garcés Abarca

Rei de Pamplona e conde de Aragón (Sancho I; 970-994), fillo e sucesor de García III de Pamplona e da condesa Andregoto de Aragón. Herdou Pamplona do seu pai e Aragón da súa nai, mentres que o seu medio irmán, Ramiro, recibiu o territorio de Viguera co título de rei, aínda que tivo que recoñecer a súa superior autoridade. Aliado cos casteláns e leones contra os sarracenos, saíu derrotado en San Esteban de Gormaz (975). Fixo construír os mosteiros de San Andrés de Cirueña (972) e de San Millán de Suso. Sucedeuno o seu fillo García III.