"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Museo municipal situado no antigo edificio das Escola Graduadas de Ponteareas, sede do Centro Cultural Isidoro Bugallal. Pertence ao Consello Galego de Museos. Os seus fondos están dedicados á historia de Ponteareas e da súa comarca. Dedica tamén un espazo á festa do Corpus Christi e á lembranza de Gabino Bugallal Araújo e Fermín Bouza Brey, ademais de mostrar unha coleccción de obras de artistas locais. Desde 1998 conta co Centro de Recuperación de Cultura Popular, dedicado á recuperación do patrimonio cultural popular e instalado, desde 2001, no castelo de Sobroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositora e pianista. Formouse en Edimburgo e en París con N. Boulanger. Destacou pola súa poderosa linguaxe musical e o forte sentido do drama. Da súa produción destacan concertos e óperas como The voice of Ariadne (1974), Mary, Queen of Scots (1977), Simón Bolívar ou a obertura Rainbow, obra que se afasta das marxes da música clásica convencional. Foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Glasgow.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Pequena enseada da ría de Camariñas que está situada entre as puntas da Barca e O Corpiño, na parroquia e concello de Muxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edward James Muggeridge.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • sabugueiriño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente cantábrica, situado en Asturias, afluente principal pola esquerda do río Nalón, onde desemboca preto de Pravia (107 km).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo escénico alternativo creado en Santiago de Compostela en 1992 pola compañía Chévere e dirixido por Xesús Ron Pereiro. Destacou pola programación de moi diversos espectáculos, desde os teatrais aos musicais. Das súas actividades destacan as “ultranoites”, marco en que se presentan pequenas escenas en que se utilizan as máis diversas linguaxes e rexistros e nas que teñen cabida desde a narración oral ata a música. Desde a súa creación converteuse nun lugar de referencia nas noites de Santiago de Compostela e nun espazo para a cultura alternativa e crítica. A Sala tamén constitúe o marco de operacións da compañía Chévere e o lugar onde presentan os seus traballos un bo número de compañías galegas vinculadas á investigación escénica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo estadounidense de investigación económica de carácter independente creado por iniciativa de Wesley Clair Mitchell en 1920. Contou coa participación de Wassily W. Leontief, Simon Kuznets e John R. Meyer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principal organismo federal estadounidense para a investigación científica en física, química, metalurxia e enxeñaría. Fundouse en 1901 para supervisar os métodos e os patróns de medir empregados no país e para investigar. Consta de catro centros principais: o Laboratorio Nacional de Medidas, o Laboratorio Nacional de Enxeñaría, o Instituto para as Ciencias da computación e a tecnoloxía e o Centro para a ciencia dos materiais, repartidos nas instalacións de Gaithersburg (Maryland) e Boulder (Colorado).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou os temas de historia e sobre todo o retrato mitolóxico. Membro da Académie Royale desde 1742, foi pintor da corte de Luís XV. Destacan os seus retratos de Henriette de France avec Flore (1742), Maria Leczińska (1748) e Madame de Caumartin avec Hebe (1754).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sensación penosa que indica a proximidade do vómito.

    2. Movemento violento e penoso do estómago que provoca o vómito.

    3. Noxo ou repugnancia que produce algo ou alguén. OBS: Adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que provoca náuseas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Causar náuseas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Coñecido como Naugerius, foi cronista oficial da República de Venecia (1516), e foi enviado por esta como embaixador ante o Emperador Carlos V (1525-1526) e posteriormente ante Francisco I de Francia (1528). Escribiu as súas impresións da viaxe en Viaggio fatto in Spagna ed in Francia (1563).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do Bibei, da conca do Sil, que nace na parroquia de Camba (Laza) e desemboca pola esquerda no río Bibei, na parroquia de Navea (A Pobra de Trives).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pobra de Trives baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Navea (A Pobra de Trives). O seu cumio acada os 617 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Navea entre os concellos da Pobra de Trives e San Xoán de Río. Datada en época medieval, realizouse sobre antigos restos romanos e está construída en cantaría. Ten un só arco oxival coa rasante alombada e sitúase na vía XVIII de Braga a Astorga, no Itinerario de Antonino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de Irlanda do Norte, Reino Unido, que ocupa o fondo dunha depresión nas zonas altiplanas basálticas de Antrim (398 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista romanés. Das súas obras destacan Somnul de la amiaza (Soño de mediodía, 1960), Caii albi din oraşul Bucureşti (Os cabalos brancos da cidade de Bucarest, 1967), Ingerul a strigat (O anxo berrou, 1968) e Cartea cu prieteni (O libro con amigos, 1978). Foi nomeado membro titular da Academiei Romane (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO