Musgrave, Thea

Musgrave, Thea

Compositora e pianista. Formouse en Edimburgo e en París con N. Boulanger. Destacou pola súa poderosa linguaxe musical e o forte sentido do drama. Da súa produción destacan concertos e óperas como The voice of Ariadne (1974), Mary, Queen of Scots (1977), Simón Bolívar ou a obertura Rainbow, obra que se afasta das marxes da música clásica convencional. Foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Glasgow.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Barnton, Edimburgo