"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, delimitado ao L por Murcia (2.213 h [2001]). A economía baséase na agricultura de regadío e nas industrias derivadas. Dentro do termo destaca o santuario ibérico de Cerro de los Santos e o acueduto, declarado Ben de Interese Cultural en 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado en San Salvador de Poio (Poio). O conxunto fórmano unha serie de combinacións circulares de variada tipoloxía realizadas sobre unha rocha de granito. Destacan as integradas por semicírculos unidos en forma de ril, englobando cazoletas e outros trazos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Montenegro ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Montenegro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    República federada de Serbia e Montenegro (13.812 km2; 631.194 h [estim 2000]). A capital é Podgorica. Sitúase na beira do Mar Adriático desde os bosques de Kotor na desembocadura do Bojana, e entre Herzegovina ao N, Serbia ao L e Albania ao S. Montenegro é unha rexión montañosa, que está formada por unha serie de altos relevos paralelos á costa que constitúen a marxe do altiplano cárstico de Crna. Ao S, xa preto de Albania, ábrese a conca do lago de Shkodër. Esta chaira e o litoral constitúen o sector vital da república. A maioría do territorio é tributario do Danubio a través do Drina. É pobre en recursos naturais e, a causa do relevo accidentado, a superficie cultivada é moi escasa. A explotación de bauxita orixinou a industria siderúrxica de Podgorica, primeiro centro urbano. Tamén é importante a industria da madeira, de longa tradición. Poboado inicialmente polos ilirios, ao territorio chegaron máis tarde (ss VII-IX) varias tribos eslavas; a súa unión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva, en campo de azul, un M de ouro, superado dunha coroa do mesmo. Outra variante trae, en campo de ouro, unha árbore de sinople, resaltado o tronco de dous lobos de goles, colocados en pau; bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro. Algúns ostentan, en campo de sinople, un M de prata superado dunha coroa de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director teatral. Foi un dos membros fundadores de Artello, onde desenvolveu a súa traxectoria profesional no campo da interpretación, a produción e a dirección de escena, realizando os espectáculos Gulliver FM, Gran Venta 10º Aniversario, Batea e A matanza dos Seixas. Tamén dirixiu Almas perdidas, coprodución do Centro Dramático Galego e Artello; After Shave, de A. R. Reixa; e Mangantes, da compañía de teatro infantil TBO. Desde 1994 traballou como actor e director na compañia Teatro Alla Scala 1:15, centrada no teatro de monicreques e obxectos, con espectáculos como A de libro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Fundou, xunto con Manuel Pardo Becerra, o semanario A Monteira, que tamén dirixiu. Foi un poeta non moi novidoso no tratamento dos temas, pero claro na súa expresividade artística. Autor de numerosos contos populares publicados en xornais da época, da súa produción literaria cómpre salientar Muxenas (1888), Fábulas y epigramas (1892) e Fábulas galaico-castellanas (1897). Postumamente, editáronse Fábulas galegas e outros poemas (1991) e Lugo en el pasado (1994). O seu labor como compilador de folclore valeulle a obtención de diversos premios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e escritor. Foi socio e letrado do Centro Gallego de La Habana. Publicou Manual de poesías. Mis horas de ocio (1871) e Galicia y sus hijos (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi director da Caixa de Aforros y Monte de Piedad de Lugo, presidente da Deputación de Lugo (1924-1925) e deputado por Renovación Española (1933). Escribiu Isabel la Católica y su época (1905), Informe que la Cámara Agrícola de Lugo presenta a la comisión del Congreso de los Diputados nombrada para dar ditámen acerca de la proposición de ley del señor Vincenti sobre redención de foros y subforos (1908) e La parroquia de San Pedro y la iglesia de San Francisco de Lugo. Estudio histórico y arqueológico (1917). Foi membro numerario da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista mexicano. Formouse na Academia de San Carlos de México, onde ingresou en 1906 e onde coñeceu a Diego Rivera. Viaxou a Europa en varias ocasións; en España asistiu aos obradoiros de I. Zuloaga e J. Sorolla, e en París relacionouse con artistas como Picasso, J. Gris ou Cocteau. No eido da ilustración, evolucionou cara ao decorativismo, mentres que como pintor tendeu ao eclecticismo. De novo en México en 1920, conseguiu altos cargos artísticos oficiais, fundou e dirixiu o Museo de Arte Popular (1934) e cultivou o muralismo. Destaca o seu mural Fiesta de la Santa Cruz (1924), o óleo Desesperación (1949) e o mosaico La muerte de las artesanías (1964). Publicou Pintura Mexicana del período 1800-1860 e Retablos mexicanos (1951). Recibiu o Premio Nacional das Artes de México en 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado no territorio medieval de Montenegro, na provincia de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Defensor do liberalismo democrático e republicano, foi secretario da Junta Revolucionaria de Madrid (1868). Colaborou na formación do Partido Republicano Nacional, propugnou a cátedra libre e propulsou as teorías materialistas. Escribiu La Comuna de París (1872) e Historia general de España (1886-1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Louseiro e Seteventos (Sarria). O seu cumio acada os 574 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mormentelos (Vilariño de Conso). Ten planta bastante irregular formada por dous rectángulos unidos por un corpo máis baixo cunha galería que foi tapiada. Presenta solaina na parte traseira e unha capela encaixada na fachada principal, que ten unha espadana e un escudo sobre a porta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou canteiros que corresponde á voz ‘chourizo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Segundo rei de Granada. De nome Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad al Faqīh, foi un hábil político e aliouse repetidamente, tanto coas coroas castelá e aragonesa como co reino norteafricano dos benimeríns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Terceiro rei de Granada (1301-1308), fillo e sucesor de Mu Palatino; Palatino;ḥ ammad II. Ampliou os dominios granadinos, pero, por mor da súa cegueira, obrigárono a abdicar a favor do seu irmán Na Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ r.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sexto rei de Granada. De nome Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad ibn Ismā’īl, sufriu disputas internas ao principio do seu goberno, que foron aproveitadas habilmente tanto por Afonso XI de Castela como por Afonso IV de Aragón. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Oitavo rei de Granada (1354-1359 e 1361-1390), fillo e sucesor de Yūsuf I. De nome Mu Palatino; ḥ ammad ibn Yūsuf, distinguiuse pola súa habilidade política e polo seu apoio ao desenvolvemento cultural por medio do mecenado. Construíu hospitais e a madrasa que leva o seu nome en Granada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Décimo rei de Granada (1359-1361). Coñecido nas crónicas castelás como el rey Bermejo, asumiu o poder ao morrer asasinado Isma’īl II, o sucesor do derrocado Mu Palatino; ḥ ammad V. Este, aliado tamén con Pedro I de Castela, recuperou o trono e Mu Palatino; Palatino;ḥ ammad VI morreu executado polo rei castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO