"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á célula eucariota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rito que conmemora o banquete pascual que Xesús ofreceu aos seus discípulos antes de ser prendido. O núcleo da celebración constitúeo a bendición e consagración do pan e do viño, na que todas as confesións cristiás coinciden en admitir que significa unha presenza especial de Cristo resucitado. As confesións católica e ortodoxa fan énfase en afirmar que a presenza de Cristo na Eucaristía é real, para os que é un sacramento, mentres que para a Igrexa reformada é simplemente simbólica. A teoloxía católica desenvolveu a partir da tradición dos relatos evanxélicos, a teoría da transubstanciación, segundo a cal, como dixo Xesús, o pan e o viño convértense no seu corpo e no seu sangue, de xeito que quen participa da súa inxesta recibe o alimento divino que o une á divindade en comuñón. Esa crenza constitúe unha herdanza depurada de formas relixiosas ancestrais, nas que comer a Deus significaba asimilar as súas calidades. Na mensaxe cristiá subxace esa intención, porque a vida eterna prométeselle...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter relixioso aparecida na Coruña en 1941. Actuou como voceiro de propaganda eucarística das Marías dos Sagrados Calvarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á eucaristía.
-
PERSOEIRO
Xeneral e político macedonio. Secretario de Filipo II de Macedonia e do seu fillo Alexandre o Grande, estivo ao mando da flota do Éufrates e desde o 324 a C da cabalería. Trala morte de Alexandre, foi nomeado sátrapa da Capadocia, Paflagonia e Ponto, e enfrontouse xunto con Perdicas aos xenerais alexandrinos que loitaban pola herencia de Alexandre.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á lingua vasca.
-
Lingua falada por unhas 700.000 persoas en Euskal Herria ou Vasconia. Ademais, tamén se fala no municipio de Esquiule, en Bearn. En América, fálase sobre todo no O dos EE UU e outros países (Arxentina, Venezuela e Chile). Antes estaba máis estendido e tamén se falaba en zonas de Araba e Navarra correspondentes á vertente mediterránea, Alta Rioja (Ollauri, Ezcaray, etc) e comarcas da actual provincia de Burgos (zona de Belorado, Zalduendo, etc), rexións pirenaicas de Aragón e Catalunya. Con respecto a Francia, as inscricións da época romana en Aquitania reflicten unha variedade do éuscaro, como xa viu Achille Luchaire. A influencia é clara no gascón e na toponimia. Segundo unha idea, xeralmente aceptada, o nome da tribo dos ausci (reflectido na cidade de Auch) pode ser relacionado con euskara, quizá un adverbio substantivado, analizable como euska-ra (‘á maneira vasca’). En cambio, o corte parece claro ao O -actual Cantabria e N de Burgos-, onde non consta a presenza histórica deste...
-
-
-
Facer que algo veña á memoria ou á imaxinación.
-
Facer que algo recorde outra cousa pola súa semellanza ou pola relación que garde con ela.
-
Facer aparecer, por medio de exconxuros, invocacións ou exorcismos, almas dos mortos ou demos.
-
Reclamar o paso ou transferir unha causa ou demanda dun tribunal ou xurisdición para outro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de excarcerar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liberar a alguén do cárcere por mandato xudicial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de excardinar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Declarar o bispo que un sacerdote deixa de formar parte definitivamente da súa diocese.
-
-
Ilustrar ou explicar algo cun exemplo.
-
Servir algo de exemplo.
-
-
-
-
Contar con detalle algunha cousa.
-
Expoñer ou expresar algo, máis ou menos difícil, de xeito claro e preciso, para que sexa comprensible.
-
Ensinar unha materia.
-
-
-
Dar a razón ou as causas que xustifican un feito.
-
Ser unha cousa a xustificación ou razón doutra.
-
-
Facerse comprender con claridade.
-
Chegar a comprender a razón ou a causa de algo.
-
Xustificarse ou dar as razóns ou causas de algo.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de La Rioja, na marxe dereita do río Oja, nos contrafortes setentrionais da serra da Demanda (1.812 h [1996]). A súa economía baséase principalmente na industria madeireira e no turismo, especialmente no relacionado coas actividades deportivas que xera a súa estación de montaña, con pistas de esquí. Repoboada por Sancho Garcés I con vascóns, recibiu o nome de Ez Garai (pena alta). En 974 os monarcas doárona ao mosteiro de San Andrés de Cirueña e en 1074 pasou a formar parte do Reino de Castela. En abril de 1312, Fernando IV concedeulles a todas as vilas do val do Oja o foro polo que todos os seus habitantes quedaban libres de todo tributo ou empréstito. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa María Mayor de Ezcaray (s XVI), a ermida barroca de Nuestra Señora de Allende (1710) e o centro histórico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e xornalista. Traballou en La Vanguardia (1952) e foi profesor na Escola de Periodismo de Barcelona. Entre os anos 1958 e 1959 foi director de Radio Nacional en Barcelona. Como primeiro director da emisora de televisión de Barcelona, promoveu a creación dos estudios Miramar (1959). En 1964 trasladouse a Madrid para exercer como director xeral de televisión. Foi membro do consello de administración de Antena 3 Televisión e de Antena 3 Radio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Derrocou o xeneral Francisco Menéndez e proclamárono presidente provisional (22.6.1890-1.1.1891). Houbo de afrontar a guerra con Guatemala. Foi elixido presidente da República en 1891, cargo no que se mantivo ata que foi deposto en 1894, tralo que fuxiu a México.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ourive ruso. Formouse en Europa Occidental (1860-1864) e dende 1870 encargouse do obradoiro familiar, do que abriu sucursais en cidades rusas e en Londres. Traballou con diferentes metais, xemas, pedras duras e esmaltes, e foi ourive e xoieiro da corte rusa. Participou na Exposición Panrusa de Moscova (1882) e recibiu unha medalla de ouro. En 1990 fundouse a Fabergé Arts Fundation con sedes en Washington e San Petersburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Prehistoriador e arqueólogo. Catedrático de Prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela (2000), especializouse no estudo do fenómeno megalítico desde que defendeu en 1990 a súa tese de doutoramento sobre Estudio de los ajuares líticos de las sepulturas megalíticas del NO: Galicia y el N de Portugal (1991). Colaborou, entre outras publicacións, en Brigantium, Gallaecia, Arqueohistórica e BAR International Series. Das súas obras destacan Megalitismo de la Península Ibérica. Tipología y secuencia de los materiales líticos (1992) e Arqueoloxía da morte na Península Ibérica, desde as orixes ata o medievo (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Producir bens e servicios mediante a transformación de materias primas ou produtos intermedios, coa axuda dunha maquinaria e dunha organización determinadas.
-
Crear algo a partir dos medios ou materias primas de que se dispón.
-
-
Realizar ou facer calquera tipo de construción.
-
Crear ou inventar algo non material.
-
Facer o necesario para conseguir algo ou para que algo se produza.
-
-
PERSOEIRO
Pintor holandés. Discípulo de Rembrandt (1641?-1643), cultivou o retrato, a paixase e a composición figurativa. Estableceuse en Delft en 1650. As súas obras sitúanse entre a liberdade do trazo do seu mestre e a rotundidade volumétrica do seu discípulo J. Vermeer. Entre as súas pinturas destacan Autorretrato, A resurrección de Lázaro (1642) e O xilgaro (1654). O seu irmán, Barent Fabritius (1624-1673), foi pintor e quizais discípulo de Rembrandt. Cultivou o retrato, a temática mitolóxica e bíblica e as escenas costumistas.
VER O DETALLE DO TERMO