Fabritius, Carel

Fabritius, Carel

Pintor holandés. Discípulo de Rembrandt (1641?-1643), cultivou o retrato, a paixase e a composición figurativa. Estableceuse en Delft en 1650. As súas obras sitúanse entre a liberdade do trazo do seu mestre e a rotundidade volumétrica do seu discípulo J. Vermeer. Entre as súas pinturas destacan Autorretrato, A resurrección de Lázaro (1642) e O xilgaro (1654). O seu irmán, Barent Fabritius (1624-1673), foi pintor e quizais discípulo de Rembrandt. Cultivou o retrato, a temática mitolóxica e bíblica e as escenas costumistas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Haarlem

  • Deceso

    Lugar : Delft