"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Villa Clara, Cuba (210.100 h [1999]). É o centro dunha rica rexión agrícola e gandeira, con industrias cárnicas, azucreiras e tabaqueiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Convento situado en Allariz. A súa orixe atópase nunha fundación do s XIII e foi ampliado en estilo barroco no s XVIII seguindo as trazas de Simón Rodríguez. Realizado en cantaría, ten unha decoración sobria e funcional. A igrexa ten planta de cruz latina, cunha soa nave de dous tramos e cruceiro. A capela maior é de planta rectangular. A portada ten decoración xeométrica. A porta está rodeada por un marco refundido e sobre ela atópase unha fornela coa imaxe de santa Clara e despois unha ventá coa imaxe do Pai Eterno, coroado co triángulo da Trindade. Da parte conventual destaca o claustro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento de monxas clarisas situado en Santiago de Compostela. Fundouse no s XIII coa iniciativa de Violante, muller de Afonso X o Sabio e renovouse no s XVII. A igrexa que se conserva é dos ss XVII e XVIII e nel traballaron D. de Andrade, frei G. Rodríguez, P. de Arén e S. Rodríguez. A igrexa ten planta de cruz latina, cunha única nave e cúpula sobre o cruceiro. O retablo maior, proxectado por D. de Andrade, realizouno Domínguez Bugarín. Destaca a fachada construída por S. Rodríguez (1719). Trátase dun muro que non dá acceso á igrexa, a porta de acceso a esta atópase máis atrasada despois de cruzar un xardín, e que ten unha función esceneográfica. Estrutúrase en tres rúas e tres corpos. A decoración está centrada na rúa central e mostra un xogo de luces e sombras que consegue co emprego de placas, volutas, cornixas e frontóns partidos. No corpo central atópase unha fornela coa imaxe de santa Clara e enriba un escudo.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (5.557 h [2001]). As principais actividades económicas son a agricultura e a industria téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya (9.169 h [2001]). Os principais cultivos son os cereais e as leguminosas de secaño. A industria está diversificada.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (112.992 h [2001]). Ten pequenas empresas e talleres de servizos, téxtiles e metalúrxicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya (2.780 h [2001]). Ten cultivos de cereais. A actividade industrial céntrase no sector téxtil e no da construción de prefabricados.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Trocado dividida entre os concellos de Bande e Lobeira, onde ten a súa cabeceira.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Santa Comba, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Xallas, situado no centro-O da provincia da Coruña e no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 43° 02’ 10” de latitude N e 9° 10’ 50” de lonxitude O. Limita ao N co concello de Coristanco (comarca de Bergantiños), ao L cos concellos de Tordoia (comarca de Ordes) e Val do Dubra (comarca de Santiago), ao S cos da Baña e Negreira (os dous da comarca da Barcala), e ao O co de Mazaricos (comarca de Xallas) e co concello de Zas (comarca de Terra de Soneira). Abrangue unha superficie de 203,7 km 2 cunha poboación de 10.588 h (2007), distribuída entre as parroquias de Alón, Arantón, Bazar, Cícere, Fontecada, Freixeiro, Grixoa, Grixoa de Esternande, Mallón, Montouto, A Pereira, San Salvador de Padreiro, Santa Comba, Santa Sabiña, Ser, Vilamaior e Xallas de Castriz. A capital está no lugar de Santa Cataliña de Armada, na parroquia de Santa Comba, localizada a 55 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilaboa baixo a advocación de santa Comba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carnota baixo a advocación de santa Comba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de santa Comba.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Santalla de Arxemil e Betote (Sarria). O seu cumio acada os 643 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO