"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria, situado ao O de Santander (9.149 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura, a gandaría e as industrias químicas e da construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, capital da illa de La Palma (17.265 h [2001]). É un centro comercial e porto exportador. A súa economía baséase no turismo e nos cultivos de tabaco e plátanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Santa Cruz, Bolivia (1.114.095 h [2001[). Situada na ribeira do río Piray, ten industria alimentaria, destilarías e unha refinaría de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, delimitado ao N pola Comunidade Autónoma de Madrid (4.505 h [1991]). A agricultura, a gandaría e a industria derivada de elaboración de fariña e queixo son a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Mondoi (Oza dos Ríos). Realizouse en cachotaría e cantaría nas esquinas. Ten planta rectangular e patio con patín. Conserva diversos escudos que aluden aos Ponte, Andrade, Figueroa e Freixomil.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado a 15 km ao S de Valdepeñas (4.716 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de santa Cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
pazo de Ortigueira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido por Carlos II en 1681, co vizcondado previo de San Julián, a Andrés Ibáñez de Mondragón, Ozores de Sotomayor (Santiago de Compostela 19.8.1645-26.10.1709), rexedor de Santiago de Compostela e señor das casas de Mondragón e Ortigueira. Sucedeuno a súa sobriña Isabel Salgado de Mondragón , II marquesa de Santa Cruz de Rivadulla, á que sucederon os seus fillos Ignacio Antonio de Armada e Mondragón , III marqués de Santa Cruz de Rivadulla. Os seus sucesores foron Juan Antonio de Armada e Mondragón , IV marqués de Santa Cruz de Rivadulla e fillo do anterior; Juan Ignacio de Armada Ibáñez (1757-?), V marqués de Santa Cruz de Rivadulla e fillo do anterior; Juan Antonio de Armada e Guerra (1796-?), VI marqués de Santa Cruz de Rivadulla e fillo do anterior; Iván de Armada e Fernández de Córdoba , VII marqués de...
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Nogueira de Ramuín baixo a advocación de santa Cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife e capital da illa de Tenerife, Canarias (188.477 h [2001]). É un importante centro turístico. Ten refinaría de petróleo e industria alimentaria, química, de materiais para a construción e tabaco. Fundouse no s XV como porto de La Laguna. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas da Concepción, San Francisco e El Pilar e o palacio de Cartas (s XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Canarias, integrada por 53 municipios distribuídos nas illas de El Hierro, La Gomera, La Palma e Tenerife (3.208 km2; 806.801 h [2001]). A súa capital é Santa Cruz de Tenerife. Está composta por illas de orixe volcánico que acadan altitudes superiores aos 3.000 m e culminan no Teide a 3.718 m de altitude. O clima, condicionado polo relevo e os ventos alisios, é de tipo oceánico. Posúe un hábitat disperso onde destacan núcleos como Santa Cruz de Tenerife, La Laguna e Puerto de la Cruz. A súa economía baséase nas actividades agropecuarias, na pesca e principalmente no turismo.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de santa Cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado a 11 km da Comunidade Autónoma de Madrid (1.842 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río San Bernabeu en Santa Cruz (O Bolo). Realizada en cantaría no s XVIII, ten un só arco de medio punto apoiado nas rochas. Atópase no antigo camiño de Freixido a Viana.
-