Santa Cruz de la Zarza

Santa Cruz de la Zarza

Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, delimitado ao N pola Comunidade Autónoma de Madrid (4.505 h [1991]). A agricultura, a gandaría e a industria derivada de elaboración de fariña e queixo son a base da súa economía.