"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria, situado ao S da cidade de Santander e regado polo río Pisueña (6.355 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandaría e conta con industrias leiteiras, metalúrxicas e de material para a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (2.165 h [2001]). Ten industria agropecuaria e téxtil e cría de aves e gando porcino, ovino e bovino.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado na parte setentrional da illa de Gran Canaria (13.893 h [2001]). A agricultura, a pesca e o turismo son a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de santa María Madanela.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Melide. Construída no s XII en estilo románico, ten planta cadrada cunha nave cuberta de bóveda de canón e ábsida semicircular. O arco triunfal é de medio punto dobrado e apóiase en columnas con capiteis historiados. Consérvase o altar orixinal, co frontal decorado con seis arcos cegos erixidos sobre pilastras decoradas con incisións. A ábsida cóbrese con pinturas murais do s XV que representan a Trindade co Pai sentado sobre o trono sostendo ao fillo crucificado e rodeado do tetramorfos. A fachada principal ten tres pares de columnas decoradas nos capiteis, que sosteñen un tímpano liso. A porta sur ábrese entre contrafortes e nela destacan os canzorros historiados do beiril.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada xunto á igrexa de Santa María de Melide, no concello homónimo. Ten planta rectangular e patio con escaleiras e patín. Na beira esquerda da escaleira consérvase un escudo.
-
-
-
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (6.442 h [2001]). Cultívanse cereais de secaño e hortalizas de regadío e ten industrias metalúrxicas, de confección, de plásticos e de produtos químicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Salceda de Caselas baixo a advocación de santa María, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilardevós baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pontevedra baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na illa de Mallorca, Illes Balears (4.959 h [2001]). Ten cultivos de secaño e industrias alimentarias, de materiais para a construción, de tecidos e de mobles.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León, Castela e León, situado entre os ríos Órbigo, ao O, e Esla, ao L (3.149 h [2001]). A súa economía baséase no sector primario e ten industria metalúrxica e de materiais para a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario outorgado por Filipe V en 1702, co vizcondado previo de Lóngora, a José de Omaña, Pardo y Osorio , señor da casa de Santa María del Villar (Castropol). Ao morrer sen sucesión, herdou o título o seu sobriño Pedro de Miranda Omaña e Osorio , II marqués de Santa María del Villar e III conde de San Román. Desde entón e ata 1858 o título permanceu unido ao de conde de San Román, cando o VII marqués de Santa María del Villar, Baltasar de Losada Miranda (Madrid?-1907), VIII conde de San Román e XIV conde de Maceda, cedeu o título á súa filla María Xoaquina de Losada Torres , VIII marquesa de Santa María del Villar e XII marquesa de Atalaya. Sucedeuna o seu fillo Diego Quiroga de Losada (Madrid 1880-Donostia 1976), IX marqués de Santa María del Villar, colaborador fotográfico de Blanco y Negro e ABC. Sucedeuno o seu fillo José Quiroga Valdés , X marqués...