Santa María del Villar, marquesado de
Título nobiliario outorgado por Filipe V en 1702, co vizcondado previo de Lóngora, a José de Omaña, Pardo y Osorio , señor da casa de Santa María del Villar (Castropol). Ao morrer sen sucesión, herdou o título o seu sobriño Pedro de Miranda Omaña e Osorio , II marqués de Santa María del Villar e III conde de San Román. Desde entón e ata 1858 o título permanceu unido ao de conde de San Román, cando o VII marqués de Santa María del Villar, Baltasar de Losada Miranda (Madrid?-1907), VIII conde de San Román e XIV conde de Maceda, cedeu o título á súa filla María Xoaquina de Losada Torres , VIII marquesa de Santa María del Villar e XII marquesa de Atalaya. Sucedeuna o seu fillo Diego Quiroga de Losada (Madrid 1880-Donostia 1976), IX marqués de Santa María del Villar, colaborador fotográfico de Blanco y Negro e ABC. Sucedeuno o seu fillo José Quiroga Valdés , X marqués de Santa María del Villar. Sucedérono os seus fillos Diego Quiroga Churruca , X marqués de Santa María del Villar, e Álvaro Quiroga Churruca , XI marqués de Santa María del Villar desde 2000. Trae por armas as de Omaña: de ouro, a banda de goles engolada en dragantes de sinople e acompañada de cinco armiños de sable, tres no alto e dous no baixo. Ao timbre, coroa marquesal.