Santa Maria Maggiore
Santa Maria Maggiore
Basílica de Roma situada no monte Esquilino, unha das catro maiores. Sisto III (432-440) deulle a estrutura actual, dedicouna á Virxe e adornouna cos trinta e seis mosaicos na nave central. A fachada principal está composta por un pórtico inferior con cinco portas arquitrabadas e un corpo superior en que se abre unha loxa e tres arcadas.