"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Judeţ de Romanía (5.896 km2; 584.954 h [estim 1999]). A súa capital é Piatra-Neamţ.
-
VER O DETALLE DO TERMO
al de Alemaña, preto de Düsseldorf, onde se descubriron os restos do home de Neanderthal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome común que reciben os homínidos da especie Homo neanderthalensis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao home de Neanderthal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten características semellantes ás do home de Neanderthal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á fase adolescente da vida dun individuo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome grego co que se coñeceron na Antigüidade clásica varias cidades como Nápoles, Kabala, Polignano, Sardeña e Empúries, entre outras.
-
PERSOEIRO
Almirante macedonio. Alexandre o Grande nomeouno sátrapa de Licia (334 a C) e de Panfilia (336 a C), e outorgoulle o mando da frota que baixaba o curso do Hidaspo, en India, ata atopar a boca do Indo. No mesmo tempo conduciu a escuadra ata o Golfo Pérsico e o Éufrates (325-324 a C). Nomeárono navarco da expedición de Arabia e tras a morte de Alexandre retirouse á satrapía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á rexión neártica.
-
Rexión bioxeográfica que comprende o conxunto de terras americanas do reino holártico. Hai especies de tipo tropical e algunhas sudamericanas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
pseudoartrose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
al de Argólida, Grecia, situado entre Fliunte e Cleonas, onde se atopaba o santuario de Zeus, preto do que se celebraban os xogos nemeos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á escola de taxonomistas que propugna o uso de agrupacións moi amplas de individuos (linneón), a miúdo correspondentes a círculos de razas, que poden estar subdivididos en unidades inferiores (subespecies ou variedades).
-
-
Corrente artística que xurdiu a comezos da década de 1960 como reacción contra o expresionismo abstracto. O termo inclúe tanto as tendencias da figuración naturalista como o emprego de imaxes procedentes dos medios de comunicación e de ensamblaxes.
-
Doutrina propugnada en 1912 por un grupo de filósofos norteamericanos reunido en torno a W. P. Montague, para enfrontar o idealismo hegeliano e o pragmatismo. Establecía que o coñecemento non é subxectivo e que atinxe á realidade, que é constituída por un conxunto de entidades simples relacionadas entre si diversamente.
-
Movemento cinematográfico italiano que xurdiu en 1945, ao finalizar a Segunda Guerra Mundial e o réxime fascista, e que durou, aproximadamene ata 1952. Esta corrente inaugurouse con Roma, città aperta (1945), de Roberto Rossellini, e adoptou un ton marcadamente realista, dado polo afán de obxectividade documental e de verismo, conseguidos coa utilización de actores non profesionais, a rodaxe en escenarios naturais e a exposición dunha temática cotiá das clases populares. O neorrealismo produciu obras como Paisà (1946), de Rossellini; Ladri di biciclete (1948) e Miracolo a Milano (1950), de De Sica; La terra trema (1948), de Visconti e Riso Amaro (1949), de De Santis. Ademais dos autores citados, inscríbense dentro do movemento neorrealista outros como Luigi Zampa, Alberto Lattuada, Pietro Germi, Renato Castellani, Michelangelo Antonioni, Pier Paolo Pasolini e Federico Fellini.
-
Tendencia da narrativa italiana que comezou a consolidarse cara a 1930 coa esixencia dunha representación extremadamente analítica, introspectiva, crúa e dramática das convencións da vida burguesa e da vacuidade e a insatisfacción da existencia. Comprende a produción de escritores que practicaron unha narrativa apartada da lírica, resolta nos personaxes, os ambientes e as situacións (A. Moravia, F. Iovine ou C. Bernari), e tamén a dos que son esencialmente líricos e van na procura da creación de atmosferas suxestivas (E. Vittorini, C. Pavese, V. Pratolini, P. A. Quarantotti-Gambini ou R. Bilenchi).
-
-
-
Relativo ou pertencente ao neorrealismo.
-
Seguidor do neorrealismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das orquidáceas, de follas oblongas, flores rosas e esporón curto, que presentan as pezas do periantio iguais e o labelo trilobado. En Galicia está presente a especie N. maculata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do grego Νηρεύς, derivado de ναρός ‘que escorrega’. Nerea, a forma feminina de Nereo, quizais foi inventada por analoxía co masculino. Presenta a variante masculina Nereu. A súa festividade celébrase o 12 de maio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Solución acuosa alcalina de tetraiodomercuriato (II) de potasio, K2(HgI4), empregada para o recoñecemento e a determinación por colorimetría do ión amonio e do amoníaco, co que dá unha coloración amarela ou un precipitado escuro, segundo a concentración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa de reformas económicas emprendido por Franklin D. Roosevelt en 1933 para reactivar a economía tras a crise de 1929. Coa National Industry Recovery Act reduciuse a xornada laboral e estableceuse a seguridade social. En 1936 a lei foi declarada inconstitucional. Para a agricultura aprobouse a Agricultural Adjustment Act. Ademais, promovéronse as obras públicas e buscouse o aumento do poder adquisitivo da poboación. Non obstante, a crise superouse co desenvolvemento da industria bélica ao comezo da Segunda Guerra Mundial.
-
CIDADES
Cidade do Estado de Louisiana, EE UU (484.674 h [2000]). Situada no delta do Mississippi, esténdese pola ribeira esquerda do río ata o lago Ponchartrain, no interior. É unha cidade moderna e ten no centro o orixinario establecemento francés Vieux Carré. Convertida nun gran centro comercial e núcleo industrial, posúe un dos portos máis importantes de EE UU, en que destaca o gran mercado de algodón. Fundada en 1717-1718 pola Compañía de Occidente de John Law, recibiu o nome na honra do duque de Orléans, rexedor de Francia. Converteuse en capital de Louisiana, pero en 1763 foi cedida aos españois e en 1803 vendeuse a EE UU. Desenvolveuse pouco, ata que, ao comezo do s XIX, a afluencia de emigrantes alemáns e de comerciantes norteamericanos lle deu un grande impulso e centralizou o comercio de Mississippi e dunha gran parte dos estados do Sur. No s XX desenvolveu unha potente economía industrial. Está considerada o berce do jazz.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade antiga de Bitinia (posteriormente Iznik, Turquía), situada uns 50 km ao SL de Constantinopla. Fundada en 316 a C por Antígono Monóftalmos co nome de Antigonea, foi engrandecida por Lisímaco, quen lle deu o nome de Nicea en lembranza da súa primeira muller. Foi embelecida e fortificada por diversos emperadores. Solimán conquistouna en 1078 pero, liberada polos croatas un ano despois, en 1204 converteuse en capital do Imperio de Nicea. Foi sede de dous concilios ecuménicos. Conserva as ruínas da catedral de Santa Sofía, convertida en mesquita no s XIV, e as súas murallas, do s V, constitúen un dos exemplos máis interesantes de fortificacións bizantinas.
VER O DETALLE DO TERMO