Nereo/Nerea
Nereo/Nerea
[ONOM]
Antropónimo procedente do grego Νηρεύς, derivado de ναρός ‘que escorrega’. Nerea, a forma feminina de Nereo, quizais foi inventada por analoxía co masculino. Presenta a variante masculina Nereu. A súa festividade celébrase o 12 de maio.